Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Claustro do IES de Ponteceso pide á Xunta que retome as clases presenciais para as asignaturas troncais

IES de Ponteceso en protesta
Concentración realizada onte no IES pontecesán
O Claustro do IES de Ponteceso pide á Xunta que retome as clases presenciais para as asignaturas troncais

Ante a problemática na qque se atopan 3 alumn@s do IES de Ponteceso para cursar presencialmente unha troncal, o claustro do centro vén de unirse para amosar o seu rexeitamento á medida da Consellería de Educación de suprimir todas as materias con menos de 5 alumnos/as nas troncais e 8 alumnos nas materias específicas. Unha medida que provoca unha “situación de desvantaxe educativa inxustificables” no noso rural.

Dende o Claustro lembran ademais que “o centro pontecesán é o único que imparte as modalidades de bacharelato na contorna. Os máis próximos atópanse entre 10 e 20 km de distancia, o que suporía ter que usar unha rede de transporte público pouco dotada en liñas nin horarios, que facilite ao alumnado o seu desprazamento”.

Se ben recoñecen que a matriculación está baixando nos últimos anos, “o feito de non poder manter unha oferta educativa de calidade levaría aos centros similares ao noso ao peche”.

En calquera caso, valoran “que dispoñen de profesorado e recursos suficientes para asumir a docencia destas materias, tendo en conta que a alternativa é que o alumnado as curse de forma “online” e tendo que estar durante as sesións na biblioteca supervisados polos mesmos docentes especialistas aos que non lles permite impartir dita materia”.

Entenden que “os recursos dixitais, aínda que melloraron, non chegan a todo o rural e moitos aínda manifestan grandes dificultades de conectividade e Internet. Nun contexto educativo de defensa da “igualdade de oportunidades” consideramos, por tanto, que o noso alumnado incrementará aínda máis a súa situación de inferioridade de condicións respecto a os que teñen a sorte de vivir nunha contorna urbana”.

Ademais, as materias polas que están a loitar son claves para o currículo do alumnado, pois determinan a posibilidade de conformar itinerarios específicos (tanto no bacharelato tecnolóxico como no sociohumanístico). “De non ser así quedarían bloqueadas as expectativas de futuro dos nosos rapaces no curto prazo (a maioría delas son materias avaliables nas ABAU) e no longo prazo (implican unha formación esencial para o desenvolvemento de certas carreiras). Como mostra desta realidade o IES ficarían sen materias de primeiro de Bacharelato como Latín I, Grego I e Tecnoloxía I e de segundo como Debuxo Técnico II e Debuxo Artístico II”.

Incidencias neste comezo de curso

Comentarios