Domingo. 05.05.2024
El tiempo

O Concello de Ponteceso activa o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña accidental

Recunchos da Costa-Praia de Ninons2
O Concello de Ponteceso activa o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña accidental

O Concello de Ponteceso vén de activar o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña accidental (PLCCMA) municipal. O documento, nesta nivel de emerxencia recentemente accionado, prevé a “intensificación da vixilancia” nos areais do municipio na procura de pellets. Ademais, no caso de atoparse estes elementos nas praias, “estableceranse equipos de limpeza co persoal do concello”,contactarase coas entidades medioambientais” e mesmo “se organizarán xornadas con persoal voluntario, coa finalidade de facer a recollida dos pellets do xeito axeitado”.

O rexedor, José Manuel Mato, activou dito PLCCMA despois de convocar ao concelleiro de Seguridade e Emerxencias; ao edil de Obras; o coordinador de Seguridade, Emerxencias, Protección Civil e GES e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Ponteceso (AVPC).
“Con esta activación, o Concello de Ponteceso establece de xeito formal un control diario en todos os seus areais co fin de detectar a posible chegada ás súas costas de pellets. Se a AVPC atopase estes elementos, xa estableceríamos tanto equipos de limpeza como recollidas con voluntarios, ademais de informar ás entidades medioambientais”, destaca o alcalde, José Manuel Mato.

ARTIGOS SOBRE O GRANULADO

Novas relacionadas

 

Comentarios