Venres. 19.04.2024
El tiempo

Corme ármase con centos de quilos de percebe para a festa do sábado

Corme ármase con centos de quilos de percebe para a festa do sábado

Se por Pamplona sairán os toros polas rúas, en Corme, polo San Fermín, correrán os percebes. Unha das festas gastronómicas máis importantes da Costa da Morte xa está a piques de saír do forno. Ou da pota, onde se cocen os case un millar de quilos de percebes que a xente de Corme xa está traendo á lonxa. Días de traballo na mar, e menos mal que non está de todo brava. E aí vemos as primeiras pezas que está a escoller a organización... Parece que este ano o percebe vai estar ben bo.

Xa nos contaba Paula Pombo o segredo do rei dos Percebes, i é que por algo esta XX Festa do Percebe do Roncudo é unha das referencias da zona. Ademais, esta é unha data especial pois 20 anos son moitos.

E haberá de todo este sábado 7 de xullo. De feito para comer, non só haberá percebe, se non que o polvo e a empanada acompañarán tamén ao viño. A festa comezará ás 12.00h coa célebre Misa na honra dos percebeiros/as falecidos/as. A música empezará ás 13.00h cos pasarrúas da Charanga Os Kilomberos de Monte Alto e o Grupo de Gaitas Donaire da coruña.
Ás 13.30h terá lugar a lectura do pregón cargo de Ramón Pombo Castro, Bergantiñán do ano 2011, que ademais dará o pistoletazo de saída para comezar a zampar.

E de aí en diante, xa saben vostedes de que se trata, zampar, zampar e zampar. Pero ollo, que para baixar a comida, e durante toda a tarde, hai sesión de DJ na Praza da Ribeira cos pinchas locais Eventos On, todo un luxo con boa música, como a que virá ao Festival Con V de Valarés.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios