Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Corme volcouse co seu Eslabón Perdido

Corme volcouse co seu Eslabón Perdido
Estrea do Eslabon Perdido no MAC de Corme

Había tanta xente que houbo quen tivo que quedar de pé e mesmo fóra. Quedou pequeno o Museo de Arte Contemporánea de Corme para a estrea da documental O Eslabón Perdido. Un traballo do director compostelán Pablo Ces, que ten como protagonista a un veciño especial. Benito Santos, máis coñecido como Bendecorme, é unha das referencias do boulder en Galicia, unha modalidade de escalada que se realiza en penedos de 4-5m, sin máis axuda que a propia forza do escalador.

Falaron os dous protagoinstas, Cés e o propio Benito, abrumado pola resposta dos seus amigos e veciños. Cés quixo recoller nesta peza audiovisual que destaca a entrega e a motivación ao traballo (percebeiro e recolector) e ao deporte (boulder) dunha persoa tan singular como achegada como Benito.
Explicaron como xurdiu o proxecto, e como chegaron a poñerlle ese nome, i é que ”O eslabón perdido” é o nome dunha liña de boulder que Bendecorme leva anos probando: “a liña da miña vida”. Un boulder dunha dureza incrible que ninguén conseguiu encadenar aínda, e que o cormelán non parará ata conseguilo.

”Imposible describir as emocións que vivimos o sábado en Corme”, coméntanos o propio director, que “quere dar as grazas a toda a xente da vila, e a tod@s @s que se desprazaron ata alí nun día tan chuvioso dende Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Asturias…” Os organizadores queren aproveitar para “pedir desculpas á xente que tivo que ver a proxección de pé ou os que non a puideron ver por falta de aforo…” Pero por ese mesmo motivo, “xa podemos confirmar que volveremos a Corme co Eslabón!!!”. Así que haberá que estar atento ás vindeira proxección.

O teaser

Benito vive en Corme, onde as augas do Atlántico atacan con forza o litoral. Alí pasa unhas tres horas ao día na auga, dedicado á súa tarefa de buceador recolector e de percebeiro. Cando remata, dedica todo o tempo que pode á súa actividade favorita: escalada. Traballo e deporte, dúas constantes na vida deste cormelán que non só escala senón que busca novos penedos, prepáraos, imaxínaos –como ben narra no documental–, sempre cun afán de superación… Unha boa mensaxe para a xuventude.

Nós deixámosvos co teaser e un par de pezas sobre a escalada boulder pola Costa da Morte deste bravo cormelán.

Teaser "El eslabón perdido" from Pablo Ces on Vimeo.


BEN de CORME - Vuelo Rasante, 8b from Pablo Ces on Vimeo.


BEN de CORME - "El herrero" from Pablo Ces on Vimeo.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios