Martes. 15.10.2024
El tiempo

Denuncian que as obras do Parque Eólico de Corme na estrada DP-6804 non son legais

Obras na DP6804 polo parque eolico2
Obras na DP 6804 polo parque eólico
Denuncian que as obras do Parque Eólico de Corme na estrada DP-6804 non son legais

Continúan os problemas arredor do Parque Eólico de Corme. Desta volta a Asociación de Veciños Eduardo Pondal vén de denunciar á empresa promotora sinalado que “o trazado de canalización do parque eólico que cruza e discorre paralela á DP-6804 incumple a Lei de Estradas de Galicia”. Segundo a veciñanza “as obras están afectando máis de 50 leiras non recollidas na RBDA” (Relación de Bens e Dereitos Afectados) do proxecto, ademais de non estar reflecticas na Declaración de Impacto Ambiental, nin no Proxecto Sectorial, nin no Plan de Execución.

”Hai que recordarlle á Xunta e á empresa que os parques eólicos e as súas instalacións non son un servizo público”, sinalan dende a asociación, enviando tamé unha clara mensaxe á Xunta: “toca facer a profunda reflexión de que técnico informou a viabilidade do trazado e da expropiación cunha prohibición”.

A asociación considera que “a canalización, a zanxa, as liñas subterráneas, a liña soterrada, a gabia, ou como queiran chamarlle, non pode descorrer pola zona de dominio público”, por iso, e pola invasión de fincas non contempladas na expropiación, piden que “se paralice de forma inmediata as obras e se repoñan os desperfectos”.

”Poremos unha vela á Virxe do Carmen para que Isidoro Martinez, Xefe Territorial de A Coruña, se moleste en comprobar a nosa enésima denuncia, que xustifique o soldo que cobra e o cargo que representa, xa que ata agora non atendeu ningunha das moitas denuncias que lle presentamos”, rematan con sorna.

Obras na DP6804 polo parque eolicoObras na DP6804 polo parque eolico 3

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Novas sobre os eólicos

Comentarios