Excarcerado tras sufrir un accidente en Ponteceso

10:01 16/07/23
Nesta tarde-noite do sábado, arredor das 21:00h, rexistrábase un accidente quilómetro 5 da AC-419, en Vilares, Ponteceso.
Os Bombeiros de Carballo e o GES de Ponteceso tiveron que acodir para excarcerar ao condutor e único ocupante do vehículo, coa colaboración dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Posteriormente, a persoa ferida foi trasladada ao Punto de Atención Continuada de referencia nunha ambulancia.
Axiña, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.