O Festiletras e a Deputación promoven o Turismo Literario
Presentábase onte na Deputación a colaboración do ente provincial co Festiletras. Xosé María Varela, xerente da Fundación Eduardo Pondal, e a escritora Concha Blanco acocían para dar conta das actividades que volverán convertir a aldea do Couto do epicentro da vida cultural de todo o país arredor das Letras Galegas. O rpopio Xosé Regueira cualificou como “patrimonio inmaterial dun territorio como a Costa da Morte pero tamén de toda Galiza”, a 40ª edición do festival pontecesán, por onde teñen pasado 500 bandas de música e 270 artesáns.
A Deputación colabora co financiamento do concerto de Baiuca, cunha intervención de arte mural e a chegada dun globo aerostático. Todas estas accións terán lugar o sábado 3 de setembro, por ser a xornada que o Festiletras dedica á Deputación da Coruña.
Turismo Literario
Pero a cita serviu para que o vicepresidente do ente provincial anunciase a posta en marcha dun proxecto de turismo literario. A memoria do proxecto xa está avanzada e “agora estamos traballando para crear produtos relacionados cun tipo de turismo cultural, non masificado, sostible e de calidade”, sinalou Regueira. “Temos un territorio cunha literatura propia de primeiro nivel e estamos a dar os primeiros pasos para crear propostas de diversificación e desestacionalización da oferta turística, e que se integren nun circuíto internacional, sobre todo europeo, e que sitúen a literatura galega en convivencia coa vasca, a catalá, a bretoa ou a gaélica”.
Novas do Festiletras
- Festiletras 2022: O Asalto e o Festiletras descobren novas actuacións:
- Festiletras 2022: Carlangas, Xabier Díaz, The Rapants e Rodrigo Cuevas, primeiras confirmacións do Festiletras.
- Festiletras 2021: O Festiletras, a aldea que fai o evento cultural máis importante de Galicia .
- Festiletras 21: A música infantil abriu un novo e espectacular Festiletras na aldea gala do Couto.
- Agosto 21: 160 nen@s disfrutan da Escoliña de Verán do Couto, a envexa do país.
- Marzo 2021: Xarda: 30 anos de vida veciñal e cultural no Couto.