Sábado. 21.09.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder

O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder

Comezaba a temporada na Liga Provincial para o Ponteceso FSF, e comezaba cunha gran vitoria. Se o filial do Fisober estreaba campaña con derrota, o Ponteceso FSF debutaba na casa o pasado domingo cun rotundo 4-0 ante A Baña, que deixa de líderes ás de Barca.

Pero a pesar do marcador non saíron contentas as pontecesás, que saben que teñen que mellorar para superar o logrado na tempada anterior.

Liga Provincial, xornada 1

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - SD A Baña (4-0)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Alba, Ana, Martina e Salomé - tamén xogaron - Carla, Laura, Sandra, Carmen e Zeltia.
  • Goles: 1-0, min.2: Salomé; 2-0, min.5: Martiña; 3-0, min.32: Sandra; 4-0, min.35: Carla.

Comezaba a tempada o Ponteceso FSF contra un dos novos equipos da categoria, e as rapazas saíron con ganas. Tanto que no minuto 2 Salomé adiantaba ás locais no marcador e estrenábase como goleadora e 3 minutos despois, Martina poñia o 2-0 no luminoso. A partir de aí as pontecesás ralentizaron o xogo e apenas crearon ocasión, tratando só de que as rivais non chegaran á súa portería. Só nos ultimos minutos da primeira metade houbo varias ocasións polas dúas partes, por parte local un disparo de Salomé e por parte visitante un tiro que ataxou sen problema Bea. Así chegaron ó descanso.

A segunda parte foi máis do mesmo, sen casi ocasións de ninún equipo. Ata que nos últimos minutos as xogadoras de Barca aumentaron un pouco o ritmo e chegaron á portería rival. Nunha desas chegadas, Sandra recibe unha falta ó borde da área que despois se encarga de transformar tras unha xogada ensaiada, aumentando nun gol máis a distancia. A cinco minutos do final e tras unha boa xogada de Sandra, Carla encárgase de facer o 0-4 final, culminando asi o seu debut na liga.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Ponteceso FSF.

Comentarios