Venres. 03.05.2024
El tiempo

O primeiro Campus Fisober

O primeiro Campus Fisober

Xa están en marcha as I Xornadas de Fútbol Sala Femenino Fisober FSF, enfocadas a nenas de entre 8 e 14 anos, coa intención de seguir fomentando a canteira.
A Xornadas parten cuns obxectivos claros, como o de conseguir ser un elemento de unión onde as nenas aprenden a comunicarse, participar e convivir, como o facerlles mellorar nos principios técnicos e tácticos a nivel individual e colectivo, traballando con grupos por idades e perfeccionando as características de cada un delas.

Monitores deportivos, con especialización específica e títulos de adestradores en categorías inferiores de fútbol-sala, fútbol e outros deportes, e xogadoras do Fisober de 2ª División Nacional, serán as encargadas de coidar aos máis pequenos

Así, as xornadas terán lugar o miercoles 26, xoves 27 e venres 28 en horario de tarde (17:30 a 20:00) no Polideportivo Municipal de Vimianzo. E as Principais actividades serán:

  • Colocación de alumnos por idades coas súas monitores.
  • Principais xestos técnicos: controis, golpeos, pases, tiros, conducións, fintas, regates, colocación, desprazamentos, etc...
  • Exercicios específicos para porteiros.
  • Principais xestos tácticos defensivos e ofensivos: repligues, coberturas, marcajes, ataque, contraataque, bloqueos, rotaciones, paredes, etc...
  • Actividades Pre-deportivas (practica de diversos deportes).

Máis información e inscrisións

Xa poden poñerse en contacto nos 635436173 (Fran) / email: fisober@gmail.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios