O PSOE comprométese co fútbol en Ponteceso e creará unha Escola Comarcal de Fútbol no Pinguel
10:47 14/03/11
O Candidato á Alcaldía de Ponteceso polo PSdG-PSOE, Lois Carballido, vén de manter vairas reunións cos activos do deporte no concello. Unha das propostas máis significativas sería a creación dunha Escola Comarcal de Fútbol no Pinguel, algo que implicaría a varios concellos.
Carballido mantivo reunións coas directivas cormelá e pontecesá e quere que os carnets de socio valgan para un e outro campo.
Propostas do PSOE pontecesán
- Coordinar cos alcaldes da comarca a creación dunha Escola Comarcal de Fútbol no Pinguel.
- Os carnets do Ponteceso e do Corme servirán indistintamente para acceder ó Cairo ou ó Pinguel sen pagar entrada.
- O concello de Ponteceso buscará a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, que agora non colabora co fútbol local.
- Un equipo de Fútbol-7 en Ponteceso, obxectivo a curto prazo.
Novas relacionadas
- PSOE e PP de Ponteceso enzárzanse en críticas sobre o endebedamento do Concello.
- 2ª Autonómica: O Ponteceso achégase ao título e o Porteño apreta a zona baixa.
Fonte
- Nota de prensa de Lois García Carballido, Candidato do PsdeG-PSOE á Alcaldía de Ponteceso.