Sábado. 27.04.2024
El tiempo

PSOE e PP de Ponteceso enzárzanse en críticas sobre o endebedamento do Concello

PSOE e PP de Ponteceso enzárzanse en críticas sobre o endebedamento do Concello

Comeza a semana e en Ponteceso, para non variar, faise a golpe de crispación. PSOE e PP volven enzarzarse en críticas recíprocas sobre responsabilidade, e no canto de facer propostas, as notas de prensa son sempre á defensiva.

O PSOE critica a "irresponsabilidade dun Alcalde en tempos de crise"

A nota do PSOE pontecesán vai dirixida cara o alcalde José Luis Fondo Aguiar. Denuncian que "aínda non presentou os orzamentos de 2011 entrado o mes de marzo". E critica que os orzamentos do 2009 foron "irreais e ficticios". De feito, sinala que "en 2009 fixo unha previsión de ingresos por licencias de 1.213.500 euros, moito máis que en Carballo". Cando, asegura Lois Carballido, voceiro da oposición, que "a recadación neta, e por tanto a real, foi de 55.560 euros".

>Critica tamén a "operación de crédito a longo prazo de 1.000.000 de euros para o amaño “urxente” de pistas", que vén de solicitar o alcalde. Pero segundo o PSOE hai máis facturas: "A isto hai que sumarlle os máis de 600.000 euros de créditos anteriores, 1.300.000 euros de facturas pendentes recoñecidas, e unha cantidade moi importante de facturas sen recoñecer, ó que hai que sumar o remanente negativo de 459.840 euros que reflicte o informe do Servizo de Asistencia Económica ós Concellos da Deputación da Coruña".

Por eso, critica que a débeda municipal se exceda.

O Alcalde asegura que o concello non está endebedado

Dende o PP aseguran que a suposta débeda de 5 millóns de euros do Concello de Ponteceso é irrea, e critican a mentira do PSOE. "É curioso que digan que a situación económica do Concello é desastrosa cando a entidade acaba de recibir o apoio bancario a través dun crédito de 1 millón de euros para realizar inversións ¿Deixarían cartos a unha entidade que non pode devolverllos?", apunta Fondo Aguiar.

Continúa afirmando que "non foi só un banco o que presentou unha oferta ao Concello para concederlle este crédito, foron varias entidades bancarias".

Acto pola Muller Traballadora

Noutro eido de cousas, este martes 8 de marzo na Praza do Relleno (de 11:00 a 13:00 h) terá lugar un acto significativo de recollida de pegadas de mans a favor dos dereitos da muller traballadora.

Deixa a túa pegada “polos dereitos da muller traballadora”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do PSOE e do PP pontecesán.

Comentarios