Venres. 19.04.2024
El tiempo

#ODezasete, o Festiletras Virtual

  • O Festiletras presencial trasládase á primeira semana do mes de setembro
Festiletras virtual ODEZASETE
#ODezasete, o Festiletras Virtual

Unha das festas das Letras máis importantes do país celébrase na pequena aldea do Couto. Este 2020 celebraría a súa 38 edición, convertindo este pequeno lugar de Bergantiños nun foco de cultura galega en todas as súas vertentes (literatura, teatro, música nas súas diferentes variedades, danza, xogos, cinema, maxia, artesanía, formación, rutas e sendeiros, homenaxes, publicacións en papel e dixitais etc.)

Dadas as circunstancias, e co gallo de manter o compromiso con todos os que estaban xa perfilados, a Asociación Monte Branco e a Fundación Eduardo Pondal traslada a celebración do Festiletras “presencial” á primeira semana do mes de setembro. Pero non quere deixar pasar a data e vai celebralo este 17 de maio de xeito virtual.

Así nace #ODEZASETE, unha programación virtual para este domingo. Pasarán pola Páxina de Facebook Festiletras. preto de corenta mulleres e homes do mundo das Letras, das ciencias e das artes que foron enviando vídeos de curta duración cunha interpretación literaria, científica ou artística para este #Dezasete especial.

Estarán Guadi Galego, Marcos Pereiro, Pakolas, Lucho dos Quinquilláns, Paula Blanco, Mero, Antía Ameixeiras, Siro López,Touriñán, Elena Ferro, Xurxo Mariño, Carmen Isabel, Mercedes Peón, Uxía Senlle, Xurxo Souto, Mago Antón, Zénzar, Ce Pantasma,Paco Nogueiras,Anxo Angueira, Mini, Antonio Piñeiro, Pablo Díaz, Felipe Senén, Carlos Blanco, Miguel Mato, Iria Rodríguez, Dávila, Uxío Novoneyra, Rodrigo Romaní, Gloria Mosquera, X.L.Romero, Isabel Blanco, Bieito Romero, Quico Cadaval, Rodrigo Romaní, María Solar, Cristina Pato, Miguel de Lira, Irma Macías…

Paralelamente, unha pequena expedición pequena achegarase ao monoito Pondaliano para facer unha ofrenda floral, ao son do repique de campás, o disparo de tres foguetes e a interpretación do himno galego a cargo de tres gaiteirxs de Inllar.

Novas relacionadas

 

Novidades sobre as Letras Galegas.

Comentarios