martes. 27.01.2026
El tiempo

O restaurante Balarés e La Despensa de Lujo espallan a calidade gastronómica de Bergantiños no Madrid Fusion

Silvia Facal e Rafa Varela do Hotel Balares con Jose de La Despensa de Lujo no Madrid Fusion coa Deputacion da Coruna
Silvia Facal e Rafa Varela do Hotel Balares, con Jose de La Despensa de Lujo, no Madrid Fusion
O restaurante Balarés e La Despensa de Lujo espallan a calidade gastronómica de Bergantiños no Madrid Fusion

Tralo primeiro prato, os callos de Carnés á mazaricá, a caravana gastronómica da Deputación da Coruña serviu os segundos na feira Madrid Fusion.

Coa programación no posto ‘A paisaxe que sabe’, os grandes protagonistas, nesta segunda xornada do evento, seguen sendo os produtos quilómetro cero da provincia: galletas, queixos, mexillón, podutos da horta, viños, conservas e moito máis. «Alimentos de proximidade, da nosa terra e do noso mar e de primeira calidade», destaca o vicepresidente da institución, Xosé Regueira.

Protagonistas foron as demostracións gastronómicas Silvia Facal e Rafa Varela, do restaurante Balarés (Ponteceso), que presentaron un mexillón do Barbanza en escabeche caseiro e unha pescada de baixura con emulsión de allada galega e o famoso chícharo bágoa de a Despensa D’Lujo (Coristanco).

A xornada tamén contou coa presentación das Gallegas de Nata da Coruña e continuou coa degustación de produtos da horta ecolóxica dos Biosbardos (Cambre). A seguir, Óscar Ramil, xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa relizou un relatorio e cata vertical de queixos.

Para a terceira e derradeira xornada, o prato principal será o showcooking da chef estrela michelin Lucía Freitas (Santiago de Compostela). A responsábel do restaurante A Tafona elaborará en dúas sesións diferentes —ás 14 e ás 16 h— cabaza asada dos Biosbardos con pesto de Galmesan emulsionado; mexillón tigre da Conserveira; e guiso de navalla da Conserveira con salsa verde de algas.

Comentarios