Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Un roteiro ata a Casa do Demo

Un roteiro ata a Casa do Demo

Así de fermosa, como vemos nas fotos de Juan M. Trillo, foi a Ruta "Paseando por Ponteceso, Tella e Anllóns". Pero non todo foi así de tranquilo ao longo da historia... pois noutros tempos a Casa do Medo, visitada na fin de semana, tiña algo de misterio agochado... que se cadra aínda mantén vivas...

Pero antes de falar da propia Casa do Medo, falamos un pouco da potencialidade do sendeirismo en Ponteceso e na Costa da Morte. I é que as rutas de sendeirismo que artella o departamento de turismo do Concello pontecesán son das mellores da bisbarra. E non é que o digamos nós, se non que especialistas da zona valoran moi positivamente o traballo de Javier Couto na definición, sinalización e divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Ponteceso.

A pasada fin de semana tocaba, como dicimos a Ruta "Paseando por Ponteceso, Tella e Anllóns", unha das varias que o Concello ten sinalizadas. En breve ademais terán unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo, pero diso xa faremos un especial en QPC.

Armados con auga e froita para todos, xentileza do Concello, unha vintena de persoas, chegados de todas partes, arrearon a pé a coñecer os segredos do Ponteceso profundo. E aí está unha das potencialidas das rutas artelladas, porque tanto lle valen aos turistas como aos veciños, que sempre coñecen novos recunchos.

"Neste caso foi xente de Cee, de Ferrol, de Cabo das Mariñas, de Zas, de Carballo, da Laracha... Pero tamén hai veciños, porque Ponteceso abrangue dende Corme ata Xornes, xa case en Buño. E por exemplo, en Xornes hai 3 pazos que hai xente de outras zonas que nunca os viu", explica o propio Couto.

E un deses segredos, se cadra, é a Casa do Demo...

A Casa do Demo en Cuarto Milenio

Pero que ten a Casa do Demo?

O misterio envolve esta casa de San Fins do Anllóns. I é que aló polo 1900 a anciana Juliana Rodríguez Ferreiro e a súa neta María Cundíns, acodían ao crego Juan Antonio Combarro para que bendecir a casa e tranquilizar a alma do finado marido. Ambas vivían daquela fenómenos "poltergeist", dende un berce en eterno movemento sen unha man que a mecese, ata pedras que petaban nas ventás, e se ían amontonando dentro da casa, ou auténticas agresións físicas paranormais.

O misterio foi ata desvelado polo programa de Iker Jiménez Cuarto Milenio, gracias ao novo propietario da casa. E con eles vos deixamos...


Máis fotos da ruta

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios