Volven lamentar a falta de diálogo do alcalde de Ponteceso ante un novo pleno
O vindeiro luns hai novo pleno en Ponteceso e o panorama segue sen cambiar nada. O grupo de goberno presentará diferentes mocións sen ter realizado reunión previa algunha coa oposición maioritaria. .”O concepto do diálogo non entra na cabeza de Carballido”, denuncia a voceira do grupo dos non adscritos Raquel Fondo, que lamenta que “o alcalde segue na teima de propoñer sen ningún tipo de consenso tal e como fixo anteriormente, coma se tivera a maioria absoluta que él mesmo se encargou de desfacer”.
”Con esta maneira de gobernar o concello quedou sen axudas moi importantes para sufragar os gastos ou facer obras e agora segue na mesma línea. Neste pleno deben decidirse as inversions que se queren facer para o Plan Adicional do POS+, nin chega a acordos previos, nin inclúe as obras que o resto da corporación ten proposto”, lamenta.
NOVAS RELACIONADAS
- 30-07-2021: A xustiza obriga ao alcalde de Ponteceso a contratar a auditoría externa das contas municipais que aprobou o pleno<./li>
- Xullo 21: Sindicatos e oposición denuncian vexacións do alcalde de Ponteceso contra a Policía Local.
- 13-07-21: Denuncian a carencia de servizos das praias con Bandeira Azul de Ponteceso.
- 12-07-21: O PP de Ponteceso tamén denuncia ante a Fiscalía as gravacións na alcaldía.
- Xuño 21: Protección Civil de Ponteceso pide axuda á Xunta para acabar con situación de ingobernabilidade.
- Xullo 21: A oposición pontecesá volve á carga contra un ausente alcalde.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.