Martes. 16.04.2024
El tiempo

Audios e cifras do maremoto político de Santa Comba

Maria Pose nova alcaldesa de Santa Comba 2016
Imaxe da investidura de María Pose durante a moción de censura de 2016
Audios e cifras do maremoto político de Santa Comba

Comezan as agromar as consecuencias do maremóto político xurdido onte en Santa Comba. Ante a negativa do alcalde David Barbeira de ceder o bastón de mando ao PSOE, como acordaran na investidura hai dous anos, o grupo socialista local aceptaba presentar unha moción para investir alcaldesa á popular María Pose, que fora a máis votada aquel xuño de 2019.

Unha moción que devolvería á Pose á alcaldía, posto que xa rexentou de 2014 a 2015 sendo a primeira alcaldesa da historia de Santa Comba, ao suceder a Antonio Landeira trala súa dimisión; e dende 2016 a 2019 tras saír adiante unha moción de censura entre o PP e TEGA contra o propio Ucha Velo.

Audios

Non tardaron unhas horas en volver a aparecer uns audios do aínda alcalde David Barbeira, ofrecéndolle a segunda metade da lexislatura a María Pose. No audio, gravado no despacho da alcaldía ao cumplirse o primeiro ano de lexislatura e despois da rotura total entre Barbeira e Ucha, Barbeira ofrécelle a Pose facer un pacto para que ela o apoie durante “ano e medio para sacar adiante os meus proxectos, e despois ti tes outro ano e medio nos que eu te apoiarei”.

 

Un asento que queima

As cifras da política xalleira “escapan da razón”, como diría a propia Pose, e xa son 9 cambios na alcaldía en apenas 15 anos. Dende que Toja estivese 16 na alcaldía, ningún alcalde consegue rematar unha lexislatura. En 2007 gañaba Ucha Velo, pero un ano despois a moción de censura investía a Miguel Pérez. Nas seguintes eleccións, en 2011, gañaba Antonio Landeira, pero dimitía en 2014 por un asunto persoal, deixando paso a María Pose. Nas Eleccións de 2015 volvía gañar Ucha Velo, pero un ano despois chegaba outra moción entre TeGa e o PP para facer retornar a Pose. Tras 3 anos de mandato, as eleccións de 2019 deixaba a Barbeira como alcalde, pero 2 anos despois, volve haber relevo coa volta, se a moción segue os seus cauces, de María Pose.

As cirscunstancias políticas deixan outro dato curioso: esta será a terceira moción de censura que acaba cun mandato de Ucha Velo (xa houbera unha en 2008 que colocaba ao independente Miguel Pérez), esta sen chegar a entrar no despacho da alcaldía.

Ucha Velo na mocion de censura 2016
Ucha velo durante a moción de censura de 2016

Posición do PP

Se ben Pose non quere facer declaracións, dende a Secretaría Provincial do PP aseguran lembran que “os veciños de Santa Comba falaron claro nas eleccións de 2019, cando o PP quedouse a poucos votos da maioría absoluta”. Nese sentido, e ante o que entenden por !unha situación de ingobernabilidad e parálisis, o PP bríndase a xerar a estabilidade que non houbo nos últimos dous anos, co claro obxectivo de facer en quédao de mandato o que non se fixo ata agora.”
Por iso, aseguran que o “o PP tratará de completar en dous anos o que debería haberse feito en catro, e pelexará por lograr a maioría absoluta no ano 2023”.

Ucha Velo, pendente da reacción da Provincial

Ucha explicaba en Radio Negreira que tiñan un acordo co PP para botar a Barbeira da alcaldía pola "ilexitimidade do seu mandato". "É unha moción de censura como nunca se viu, pois é unha moción para saír do grupo de goberno. Eu estaba cobrando a miña dedicación, e perdo todo iso polo ben da veciñanza".

Sobre a reacción da Secretaría Provincial (o partido non coñecía a decisión) sinalou "espero que o Partido Socialista entenda que esta é unha moción en lexítima defensa, se non terei que rematar estes 20 anos de dedicación política ao PSOE". "Todos os concelleiros socialistas consideramos que é necesario botar a Barbeira da alcaldía, pero non todos cren que a solución é darlle a alcaldía ao PP. Cada un votará o que queira no pleno, pero consideramos ser 2 os que apoiamos a moción para intentar evitar unha hipotética, que creo que non cabe, aplicación da lei antitranfuguismo", explicou. "Este pleno foi o seu epitafio", sentenciou.

Novas relacionadas

Comentarios