xoves. 23.01.2025
El tiempo

O BNG reclama que os orzamentos contemplen partidas para o centro de Saúde de Santa Comba

Centro de Saude de Santa Comba
O BNG reclama que os orzamentos contemplen partidas para o centro de Saúde de Santa Comba

O BNG reclama que a Xunta incorpore nos seus orzamentos as partidas necesarias para poñer fin á situación de deterioro dos centros de saúde e ensino de Santa Comba. O representante nacionalista no concello, Juan David Sixto, insiste en que a actuación non pode agardar máis e é urxente iniciar as actuacións necesarias xa prometidas pola propia Xunta en sede parlamentaria.

"Sería completamente inexplicábel que despois de que a veciñanza leve tanto tempo reclamando, que o BNG levase o tema ao Parlamento en diversas ocasións e que a propia Xunta comprobase o lamentábel estado das instalacións, os orzamentos non recollesen partidas para o centro de saúde e o CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba", afirma o responsábel local nacionalista, Juan David Sixto.

Por iso, o grupo parlamentario do BNG presentou emendas aos orzamentos para que se inclúa unha partida de 1.000.000 de euros para o Centro de Saúde de Santa Comba e para que se contemple o proxecto de reforma integral do Ceip Barrié de la Maza, que teoricamente xa conta xa debería estar formalizado dende o pasado verán.

Pola súa parte, as instalacións do centro de saúde teñen graves problemas como filtracións de auga, deficiencias na calefacción con altas emisións de fumes e ventás en mal estado con problemas de apertura e illamento. Entre as demandas que o propio persoal do centro defende está a creación dunha aula para a preparación do parto e a habilitación de novos espazos para consultas.

Ademais, o BNG reclama unha ampliación do orzamento para a mellora da AC-406 Santa Comba-Portodemouro. 

Comentarios