Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O BNG urxe a Xunta afrontar a reforma integral do CEIP de Santa Comba en período vacacional

Juan Sixto BNG de Santa Comba no CEIP Barrie de La Maza
O BNG urxe a Xunta afrontar a reforma integral do CEIP de Santa Comba en período vacacional

Pasan os meses e a comunidade escolar do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba non ten resposta. A pesar das súas numerosas protestas, e das probas da necesidade de afrontar unha reforma integral dun centro que cumple no mes de novembro 50 anos, a Xunta non dá avanzado. 

Así o recorda hoxe o portavoz nacionalista no concello, Juan David Sixto, e a deputada, Iria Carreira, que urxen ao ente autonómico que  aproveite o o período vacacional para solucionar os graves problemas das instalacións do centro. Insisten en que sería unha "irresponsabilidade gravísima" que non se solucionasen as eivas antes do inicio do novo curso.

Como puideron comprobar na última visita, o CEIP Barrié de la Maza padece evidentes problemas de illamento, con xanelas de cristal único e en pésimas condicións, o que se agrava aínda máis cun sistema de calefacción insuficiente que no inverno no consegue alcanzar unha temperatura adecuada en certas dependencias como o propio ximnasio.

Máis novas

Comentarios