Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Brétema que dá luz ao mundo d@s artistas galeg@s

Sandra Santa Comba Bretema
A xalleira Sandra Capelo é unha das promotoras do Espazo Brétema
A Brétema que dá luz ao mundo d@s artistas galeg@s

Xa a coñecimos cando realizou un interesansísimo traballo patrimonial na súa terra natal. Desta volta, Sandra Capelo Souto lánzase á creatividade máis actual e abre o abano a toda Galicia para amosar e poñer en valor o traballo d@s artistas galeg@s.

Faino a través do Espazo Brétema, onde xa contan cun amplo banco de artis@s do país. “Espazo Brétema é un proxecto cultural que xorde tras rematar os nosos estudos superiores en Historia da Arte e os mestrados pertinentes de cada unha, decidimos continuar o noso camiño neste mundo. É complexo, especialmente na actualidade, labrarse un futuro laboral neste eido, tanto para a nosa disciplina como para os propios artistas. É así como de maneira grupal decidimos crear esta asociación onde fomentar a difusión das manifestacións artísticas que se poden atopar na terra: Artesanía, audiovisual, cerámica, collage, deseño gráfico, escultura, fotografía, ilustración ,maquillaxe, muralismo, pintura, tatuaxe.”, explica.

Son 5 historiadoras da arte as que forman esta Asociación. Sandra Capelo enfócase máis ao mundo audiovisual e os estudos de xénero; Marina Loureiro polo arte sacro; Jennifer Novoa pola fotografía e estudos contemporáneos; Aroa Outón opta por desenvolverse na pintura e Tania Dorribo polo mundo antigo e iconografía feminina na mitoloxía.

A acollida está sendo moi boa, “tanto por un público alleo ó mundo da arte que ten interese por coñecer o que esta xurdindo no panorama cultural galego como por artistas que gustan de participar e de aprender”. “Existe un sentimento de comunidade”, apunta orgullosa.

O nosos pensamentos de futuro diríxense cara consolidación e continuación do traballo que estamos a realizar agora mesmo pero cas miras máis aló. Isto quere dicir conseguir recursos e espazos expositivos onde presentar estes novos artistas dunha maneira máis directa.

Podcast

Ademais da a href=https://espazobretema.wixsite.com/website>web e o instagram; outro dos medios que teñen para ensinar as artistas do país é o formato podcast na rede, falando de historia, de arte e audiovisual en galego.

Novas relacionadas

Comentarios