Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Cursos de adaptación e innovación tecnolóxica

Continuamos cunha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba.
Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver” imos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…
Aula Cemit de Santa Comba
Aula Cemit de Santa Comba
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Cursos de adaptación e innovación tecnolóxica

CURSOS DE INNOVACIÓN E ADAPTACIÓN TECNOLÓXICA

Parece que tamén son actividades que moita xente, sobre todo autónomos, descubriron coa pandemia, cando xa antes había unha formación moi completa e variadas que a xente non demandaba e que agora incluso esixen de forma específica.

Son varios os concellos que contan cun completo sistema de formación e educativo e incluso con Aula CeMIT (Centro de Modernización e Inclusión Tecnolóxica dependente da Xunta de Galicia) desde fai máis dunha década, onde se levan impartindo todo tipo de accións tecnolóxicas tanto presenciais como por vídeoconferencias. Levan anos organizando, de forma habitual, cursos e xornadas de formación de suma importancia para o sector autonómo e empresarial, tamén destinado aos particulares. Dinnos que, aínda sendo de forma gratuita, tiñan moi baixa demanda, ata incluso ter que suspender diferentes accións formativas. A pesar de adaptarse a todo o que o sector demanda hoxendia, sobre todo no sector tecnolóxico, parecía que non ían co interese do sector e que sempre a participación foi baixa, independentemente do día ou horario en que se impartiran, e case sempre con persoas que pouco ou nada tiñan que ver co tecido económico e empresarial do municipio ao que inicialmente estaban destinadas. Como exemplo, recordan unha xornada de formación por videoconferencia, fai uns tres anos, de técnicas de venda para o sector autónomo onde participou unha soa persoa e nin do municipio era nin tampouco tiña relación co sector das ventas.

Dende a mesma Aula explican que tamén que xusto antes da pandemia, nos meses de Novembro e Decembro organizaron tres xornadas, tamén en diferentes días e horarios, para facilitar a participación, destinada a particulares, empresarios e autónomos para poñelos ao tanto dos novos sistema de tramitación dixital coa administración, tanto en temas sinxelos de tramitación para un particular, como de expedientes ou facturas. As xornadas, gratuitas, para as cales de desplazaron exprofeso técnicos informáticos da Deputación da Coruña asistiron catro personas, unha nunha xornada, tres na seguinte, e ningunha na última. Case nen sequera espertou interese entre quen maioritariamente fai este tipo de trámite, que son as xestorías.

Dinnos tamén que non serve de disculpa a tan socorrida frase de “non me enterei ou non avisades ben” cando se promociona todo vía Facebook, whatasapp ou web, e cando está de sobra comprobado que si se enteran, porque si acuden, e de forma masiva, a outras actividades as que se lle convocan de forma similar, e que están relacionadas con temas económicos personais ou de propiedades, como temas de catastro ou concentración parcelaria.

E todo isto falando de gratuidade absoluta. Porque dinnos que cando as opcións son de pago, aínda que sexa menor, como os da Aula Mentor, a demanda é prácticamente nula ou directamente inexistente.

Aula Mentor

A este respecto indicar que a Aula Mentor é un programa de formación online non reglada, flexible e con tutorización personalizada, que está dispoñible por medio de diferentes concellos, e dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos de formación cos que ampliar competencias personais y profesionais. A iniciativa está promovida polo Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con outras institucions públicas e privadas tanto nacionais como internacionais.

Actualmente o precio dos cursos é de 24€ mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses (salvo nos cursos con certificación de 30 horas cuia matrícula inicial é dun mes). Posteriormente pódese proseguir o curso destinando máis tempo mediante recargas mensuais de 24€. Tras superar un examen presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Esta aula é online e ten cursos de todo tipo. No ámbito dixital e tecnolóxico ofrece ampla oferta nos sectores da informática, internet, ofimática, programación, redes e equipos, diseño, autoedición ou audiovisuais. No sector empresarial ten ofertas en sectores como creación e administración de pymes, iniciativas empresariais, xestión comercial e financieira das pymes, xestión de recursos humanos, comercio e márketing ou tributos. Pero tamén hai oferta, e con gran variedade, de enerxía, instalacións de control, saúde, educación, idiomas, ecoloxía, hostalería e turismo, servizos socioculturais e incluso madeira, moble, corcho, textil, pel ou coiro.

Conclusións

Polo tanto, non se pode dicir que antes da pandemia non houbera unha boa oferta de formación permanente a disposición de todos os sectores, de forma online, cómoda e flexible adaptada a todos os horarios e circunstancias. Antes e durante a pandemida, e por suposto na actualidade.

Pero da noite para a mañá a xente empezou a demandar unha serie de accións formativas, sobre todo as destinadas aos autónomos e pymes, que sempre estiveron aí de forma permanente pero da cal non facían uso. Dalgún concello dinnos que da carencia de demanda incluso pasouse case a esixencia, e despois as presións do sector empresarial ao alcalde. Ata tal punto que houbo que organizar diferentes accións exprés para calmar a xente, con xornadas formativas que se viñan repetindo no tempo ano tras ano de forma periódica e sempre sin demanda ou con demanda mínima.

Novas relacionadas

Serie “Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia”

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios