Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Deputación encarga un estudo técnico para avaliar as opcións das obras da estrada entre Santa Comba e Coristanco

Visita instituconal estrada Santa Comba-Coristanc Dp 2904
A Deputación encarga un estudo técnico para avaliar as opcións das obras da estrada entre Santa Comba e Coristanco

Xa levan varios meses de estudando o trazado máis axeitado para as obras de mellora da estrada provincial DP 2904 de Coristanco a Santa Comba. O que era unha promesa electoral dos grupos do PSOE de ambos concellos e da provincial, estase levando a cabo. De feito, este luns, a deputada responsable da área Vías e Obras, Mónica Rodríguez, acompañada de técnicos provinciais, visitou o Concello de Santa Comba para reunirse co alcalde da localidade, Alberto Romar Landeira, e o concelleiro de Obras e Servizos, Pablo Negreira Souto.

O motivo da visita foi compobar in situ o trazado da estrada provincial DP 2904 de Coristanco a Santa Comba, entre o cruce de Padeiro e o de Amarelle. Este tramo presenta un trazado sinuoso e algunhas curvas perigosas onde, pese ao bo estado actual do firme da calzada, teñense producido varios accidentes nos últimos anos, polo que o goberno municipal reclama actuacións para mellorar a seguridade da vía.
Dada a complexidade das actuacións propostas, a deputada comprometeuse a realizar un estudo técnico para avaliar as diferentes posibilidades de mellora da seguriade no referido tramo.

Novas relacionadas

Comentarios