Martes. 15.10.2024
El tiempo

María Pose recibe o apoio unánime do PP xalleiro

Maria POse e Diego Calvo no CONGRESO SANTA COMBA1
Maria Pose e Diego Calvo
María Pose recibe o apoio unánime do PP xalleiro

Foi o do PP de Santa Comba un dos poucos congresos que celebraba o grupo popular a nivel loca nesta primavera. Un congreso do que sae reforzada a alcaldesa María José Pose, que é desde onte, a nova presidenta local do Partido Popular de Santa Comba despois de que a súa candidatura recibise o 100% dos votos no congreso local celebrado no municipio xalleiro.

“Necesítovos a todos e todos somos importantes. Temos por diante o bonito reto de lograr que Santa Comba conte cun goberno local estable, tranquilo e centrado en mellorar a vida dos veciños do noso municipio”, asegurou a alcaldesa.

“Esta nas vosas mans que en Santa Comba non se repitan situacións como as que vivimos nas últimas lexislaturas. Necesitamos máis unión que nunca, máis empeño que nunca e máis ilusión que nunca”, subliñou.

“Temos en marcha a ampliación do polígono industrial, a construción da residencia-centro de día e a mellora do saneamento das parroquias. Tres retos que queremos conseguir para seguir avanzando e mellorando o noso concello”, asegurou Pose, quen incidiu na “necesidade” de traballar “xuntos” para alcanzar “todo aquilo que nos propoñamos”.

CONGRESO PP SANTA COMBA

Comentarios