O Partido Galego presentou a lista comandada por Miguel Pérez Fernández para as eleccións en Santa Comba

O Edificio Multiúsos acolleu a presentación da candidatura do Partido Galego de cara ás municipais do 28 de maio en Santa Comba. Abriu o acto o secretario local da agrupación Anxo Ares que afirmou que o seu paso activo á política foi debido á "falta de espectativas neste concello". Posteriormente tomou a palabra o avogado Xosé Antón Lopez, membro do Consello Nacional deste partido e con forte vinculación con Santa Comba. Na súa intervención fixo fincapé de que é moi importante que haxa unha persoa con formación e experiencia á fronte dun concello.
En terceiro lugar tomou a palabra Montse Almozara, veciña de Fontecada, que vai ser a nº 2 na candidatura do Partido Galego en Santa Comba. Montse incidiu na gran necesidade que ten o concello de conectarse con Santiago e tamén recordou o estado de abandono da estrada de San Salvador, demandada polos veciños, dende fai moito tempo. Tamén falou da gran necesidade de dotar o Centro de Saúde de equipamentos, tanto materiais como humanos.
Rematou o acto Miguel Pérez Fernández. O ex alcalde, e candidato á alcaldía fixo unha valoración da súa xestión da época en que foi alcalde e trasladou a súa disposición en volver a poñer todos os seus esforzos en prol da recuperación e supervivencia do Concello de Santa Comba.
Candidatura:
- 1. Miguel Pérez Fernandez
- 2. María Montserrat Almozara Cordeiro
- 3. Angel Cesáreo Ares García
- 4. Maria Cristina Barcia Barcia
- 5. María del Pilar Muiño Velo
- 6. José Amigo Romar
- 7. Sérgio Rodríguez Rama
- 8. Balbina Gerpe Gesto
- 9. Herminio Otero García
- 10. Elvira Turnes Rios
- 11. José Luís Fariña Casanova
- 12. Ana Lucia Barcia Barcia
- 13. Manuel Cambón Montero
- 14. María Carmen Mouro García
- 15. José David Barcia Montes