Martes. 17.09.2019
El tiempo

Santa Comba ofrece un verán conciliador a base de cultura e tecnoloxía

Santa Comba ofrece un verán conciliador a base de cultura e tecnoloxía

A conciliación estival é un dos grandes desafíos das familias. Remata o curso, pero para os pais e nais traballadores comeza unha nova loita. Non hai 2 meses e medio de vacacións no mundo laboral, polo que se fai necesario facer encaixe para atopar onde deixar ás crianzas durante a última semana de xuño, os meses de xullo e agosto, emais a primeira de setembro. Son días nos que os avós e as avoas desdóbranse para atender a toda a súa descencia, pero non todo o mundo ten a sorte de ter avós preto da casa.

De aí necesidade de que os Concellos saquen programas de conciliación, como os campamentos urbanos de inglés que propón o Concello de Santa Comba, que se celebrará do 15 ao 26 de xullo na Vivenda Comunitaria. Ou os Campamentos educativos tecnolóxicos de agosto.

Ademais, hai unha marea de actividades para levar ás criaturas.

Teñen máis información en www.santacomba.es, no Facebook Santa Comba info+, na Casa da Cultura, no 663 729 079 ou en [email protected]

Veran Campamento Santa Comba 2

Comentarios