luns. 23.02.2026
El tiempo

3ª FUTGAL: O Pereiriña alonxa o Cerqueda da Promoción

Volantes e Inter de Brens.jpeg 2
Imaxe do Volantes-Inter en Muros
3ª FUTGAL: O Pereiriña alonxa o Cerqueda da Promoción

Nesta xornada marcada pola Mikaela, non hai novidades por arriba, coa doble vitoria de Oza e Coristanco. Tamén gañou o Cee en Buño, afianzando a terceira praza e collendo a pole position nesa crúa loita pola promoción, na que hai ata 8 equipos implicados en apenas 12 puntos.

No duelo directo máis claro, Pereiriña confirmou o seu bo momento (4 vitorias e un empate nos últimos 5 partidos) ao vencer a un Cerqueda que se cae, por primeira vez na temporada, da promoción.

Baíñas - Lira (1-0)

11 do CD Bainas no Irmandino

  • Baíñas: Fabián, Samu, Darío, Rodri, Manu, Estiven, Esteban, Fandi, Crisca, Carlos, Ruli. Tamén: Ibra, Dani, Chavico, Edu, Fabichas.

11 do CF Lira en Vimianzo

  • Lira: Raúl, Christian, Marcos, Carlos, Freire, Iago, Xurxo, Alberto, Iago, Miguel, Iván París e Alexander. Tamén: Xavi Domínguez, Cristian, Hugo, Xabi, Ramón.
  • Goles: 1-0, m.73: Raúl.

Saíron moi firmes os lirachos, creando dano á scostas da defensa, con 4 boas ocasións nos primeiros 20 minutos, pero tanto Alexander (unha páralle Fabián e outra vai ao pau), como Iván (que remata ao lateral da rede no man a man), non acertan.

A partir do ecuador da primeira, os vimianceses comezan a avisar, e ten que aparecer Raúl, parou nun man a man. A lesión de Alexander condicionou ao cadro de Oscar Leis.

Na segunda, os locais saen moito mellor, teñen máis balón e van creando ocasións a Raúl e Ibra que salva o meta liracho de novo, pero pediada a segunda metade, Raúl caza uunha volea e abre o marcador tras tocar no pau.

Soubo ler aí o partido o cadro local, movendo o balón ante un Lira que se estirou e tivo algunha internada pero sen gran perigo.

At. Pereiriña - Cerqueda (5-3)

  • Pereiriña: Maikel, Cartamil, Oca, Abel, Bicho, Calo, Gabri, Brais Lagoa, Tito, Oli, Pablo. Tamén: Xacobe, Antonio, Víctor Agulleiro e Adán.
  • Ceqrueda: Anxo, Marcos Pensado, Dani Reixía, Gus, Samu Amado, Hugo Frana, Iván Rey, Mario, Schuster, Brais Costa, Juan Rivera. Tamén: Eloy Santos, Aitor, Íker.
  • Goles: 1-0, m.1: Brais Lagoa a pase de Oli; 2-0, m.14: Brais Lagoa; 3-0, m.43: Gabri; 4-0, m.44: Abel; 4-1, m.45: Dani Reixía; 4-2 m.72: Gus; 5-2, m.85: Abel a pase de Oli; 5-3, m.93: Dani Reixía de penalti.

Partido de goles en Cee, que arrincaba xa con dous goles de Brais Lagoa. Á media hora, Gabri e Abel facían o terceiro e o cuarto para un cadro de Julito que non sufría.

Antes do descanso recurtaba o Cerqueda, pero sen folgos para poñer en perigo o marcador na sgeunda metade.

Volantes - Inter (5-1)

11 do Volantes de Bano

  • Volantes: Xandre, Marcos Gosende, Fontenlos, Stefan, Javi, Alexis, Jordy, Hugo, Ryan, Raúl París, Senández. Tamén: Leon, Roberto Lado, Saúl, Aarón.
  • Inter: Ema, Diego, Javichu, Christian, Juan Lagoa, Mamdou, Leo, Evaristo, Alex Castro, Ferreiro, Jose. Tamén: Torices, Marcos, Ricardo, Santi Agulleiro e Fabián.
  • Goles: 1-0, m.Ryan; 2-0, m.10: Senández; 2-1, m.22: Alex Castro; 3-1, m.53: Hugo; 4-1, m.68: Marcos Gosende; 5-1, m.86: Aarón.
Volantes e Inter de Brens
Fotos do Volantes

Vitoria clara do cadro muradán ante o equipo ceense, que así e todo puido terse metido no partido.. Saíron fortes os de Ramiro e Ubaldo, marcando pronto, pero co paso dos minutos os balóns longos dos ceenses comezaron a facer dano, e o Volantes non eran quen de impoñer o seu ritmo de partido. Recurtou pronto Alex Castro, e a piques estiveron que empatar enviando un balón ao pau.

Na segunda, sobre todo tralo gol de Hugo, o partido foi franco para os locais.

Laxe - Nantón (4-2)

  • Laxe: Jacobo, Pablo Barreiro, Leo, Martin, Pedro, Aarón, Brais Sumal, Guzmán, Santi Casás, Cundíns, Eloy Liñares. Tamén: Darío Mira, Roi, David Gándara, Darío Martinez, Elías.
  • Nantón: Álvaro, Alex, Adri Abelenda, Fran Torres, David Fariña, Xoel, Jorge, Rupper, Santi Lozano, Carlos Vidal, Iago Torres. Tamén: Juan, Carlos Amado, Dani Andrade.
  • Goles: 0-1, m.1: Iago Torres; 1-1, m.40: Leo; 2-1, m.47: Leo; 3-1, m.60: Martín Andrea; 4-1, m.64: Cundíns; 4-2, m.89: Iago Torres.

Partido igualado en Laxe, que sumou a 7ª vitoria seguida en Liga, que comezaban algo despistados pola Mikaela. Abría o marcador moi pronto Iago Torres para un Nantón que competiu moi ben ata que lle duraron as forzas. Pouco a pouco o Laxe foise metendo no partido e empataba antes do descanso tras unha xogada a balón parado mal defendida polos de Adrián Varela.

Nada máis comezar, os de Manu Saleta, xa cunha marcha máis, marcaron pronto o segundo e despois o terceiro, moi efectivos, e só Yago maquillou o resultado sobre o pitido final para un Nantón no que debutaron Santi Lozano e Ruper, que volve ao equipo tras 6 meses de parón.

Seaia - Coristanco (0-2)

  • Seaia: Isaac Piña, David Muíño, Marcos, Borja, Antón Todosantos, Erik, Edu, Rafa Souto, Manu Castro e Juni. Tamén: Anxo, Alex Mato, Brais Villar, Simón, Noel.
  • Coristanco: Dani Villajos, Gabri, Jonathan Fraga, Borja, Dani Vázquez, Matteo, Jairo, Kevin, Dani Casti, Iván Pastoriza, Andy. Tamén: Pablo Sabucedo, Lou, Pablo Pose, Jose Antonio e Baldo.
  • Goles: 0-1, m.7: Iván Pastoriza; 0-2, m.63: Iván Pastoriza.

Partido de intensidade que comezaba co Coristanco aproveitando un deses erros que non se poden ter ante os de arriba. Reaccionaban os malpicáns, tendo varias ocasións, que non colleron portería, sobre todo unha nun córner.

Na segunda, saída mellor o Seaia, pero o cadro de Adrián Lema obrigaba a Isaac a aparecer en varias ocasións, antes de que Iván Pastoriza sentenciase o choque dende a frontal. Tivo que sacar unha Jonathan Fraga de chilena baixo paus ante un Seaia que non se rendeu, así e todo, o cadro local, que o intentou sen claridade.


Buño - Cee (0-2)

  • Buño: Cristian, Hugo, Alan, Alexis, Izan, Adrián Pose, Jorge Calvete, Fraghiña, Sergio, Sergio Aguiar, Jesús. Tamén: Anxo, Roberto Carlos, Javi Facal, Cristian, Dani Vázquez.
  • Cee: Jorge, César, Regueiro, Roberto, Fontaíña, Carlos, Xián, José Lago, Anxo, Pablo, Marco. Tamém: Manu, Diouck, Jonathan, Keko.
  • Goles: 0-1, m.60: José Lago; 0-2, m.77: Anxo.

Primeira parte igualada, sen dominador claro, con ocasións para ambos equipos no que o marcador non se movería. Na segunda parte saíron mellor os visitantes, que se fixeron co control total do partido e froito do dominio e bo xogo, adiantaríaase no marcador por partida doble. Quixo reaccionar o Buño, pero o Cee moi serio non concedería ningunha oportunidade.

Oza - Muxia B (9-1)

  • Oza: Samu, Brais Bolón, Marcos Carro, Alex Vázquez, Raúl, Iago Lavandeira, Miguel Bértoa, David, Saad, Hugo Fraga e Salah. Tamén: Juan Lagoa, Iker, Benja, Fernando e Gueye.
  • Muxía B: Prieto, Damián Soneira, Iván Sambad, Javi Vilela, Eloy Sambad, Adrián Baamil, Ziro, Furelos, Papin, Damián Trillo e Kevin Carballo. Tamén: Aitor, Xan Nogueira, e Martín Barrientos.
  • Goles: 1-0, m.8: Marcos Carro de trallazo lonxano; 1-1, m.17: Ziro cun golazo pola escuadra; 2-1, m.27: Salah de penalti; 3-1, m.58: Salah; 4-1, m.65: David; 5-1, m.70: Salah; 6-1, m.75: David; 7-1, m.81: Hugo Fraga; 8-1, m.85: Marcos Carro; 9-1, m.86: Marcos Carro.
11 do SD Oza no Carral
11 do SD Oza no Carral

O resultado xa define un partido, no que o filial, con 14 xogadores pero sen porteiro, competiu durante a primeira metade, pero acabou xogando con 10. Responderon ao gol inicial os de Congui, empatando cun golazo de Ziro, e aínda tiveron o 1-2, nunha boa xogada. Pero o líder estivo firme e marcou o segundo antes do descanso. Na segunda xa cos problemas físicos dos muxiáns, a diferencia foise facendo patente ata completar a goleada.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios