luns. 23.02.2026
El tiempo

Preferente: O Sofán suma polos dous

Sofan ante o Cidade de Ribeira
Sofan ante o Cidade de Ribeira
Preferente: O Sofán suma polos dous

Os carballeses sumaron de 3 e se manteñen na pelexa pola promoción, e fixérono ademais ante o Cidade de Ribeira, rival do Dumbría na loita por evitar o descenso, permitindo que o punto colleitado polo Dumbría ante o Val, outro rival directo, servise para manter o cadro ferrolán a 5 puntos, e igualar con Ribeira e Sigüeiro a 24 puntos.

Sofán - Cidade de Ribeira (2-0)

  • Sofán: Gardu, Javi, Dani, Alex Sánchez, Iraitz, Braian, Izan, Pablo Parafita, Joel, Julián, Marcos Montero. Tamén: Diego, Fabián, Dani Pena, Álvaro.
  • Goles: 1-0, m.37: Julián a centro de Javi; 2-0, m.61: en propia.

Vitoria do Sofán que venceu ao Ribeira nun partido que foi mellorando co paso dos minuto. Comezaron os locais mandando un balón á madeira, pero eran os locais os que mandaban con balón, tendo varias ocasións ata abrir o marcador pouco antes do descanso.

A expulsión dun rival aos 5 minutos do segundo tempo deixou o partido de cara para os de Pablo Torreira, que pronto facían o segundo, e deixaban o choque encamiñado, máis aínda coa segunda expulsión dos visitantes.

Dumbría - O Val (1-1)

11 do CF Dumbria febreiro 2026

  • Dumbría: Anxo, Berto, Adrián Periscal, Jano, Sergio, Toni, Lucas Toba, Juan, Marcote, Estévez, Javito. Tamén: Isma, Mataso, Mario, Iker, Pablo Costa Ramos, Pablo Taboada.
  • Goles: 0-1, m.59: Alex Casteleiro; 1-1, m.69: Sergio.

Bo partido do Dumbría, un choque moi disputado cun rival directísimo na loita por evitar o descenso. Comezaron mellor os ferroláns na primeir metade, pero sen acerto cara gol. Na segunda, malia comezar mellor os de Pablo Conde, era o Val o que se adiantaba nuha contra. A partir de aí o Dumbría foise arribca con todo, sendo capaces de empatar pronto. Quedaban 20 minutos de tolos por diante, co Dumbría envocado, pero con ocasións nas dúas áreas, sen acerto para desequilibrar a igualada.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios