Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O TSXG decreta a suspensión cautelar do Parque Eólico Alvite II, entre Santa Comba e Mazaricos

PE Alvite II brana-do-madeiro-e-brana-do-albite
PE Alvite II brana-do-madeiro-e-brana-do-albite
O TSXG decreta a suspensión cautelar do Parque Eólico Alvite II, entre Santa Comba e Mazaricos

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de acordar a suspensión cautelar de seis parques eólicos autorizados pola Xunta. Entre eles o de Alvite II, situado en Mazaricos, Negreira e Santa Comba.
decretou a paralización cautelar dos parques de Coto Loureiro -situado na Laracha e Cerceda; Valdepereira -situado en Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense);  Estivada -situado en Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo)-; Piago -situado en Cervo, Xove, Viveiro e Valadouro (Lugo)- e Feás -situado en Aranga e Coirós (A Coruña). 

O TSXG entende acreditada a existencia do periculum in mora, que forma parte da esencia da medida cautelar, pois intenta asegurar que a futura sentenza se poida levar á práctica de modo útil, o que non se conseguiría no caso de que se produciran situacións irreversibles. Apuntan “a prevalencia da protección ambiental non significa que se a actuación incide no medio ambiente teña que ser suspendida de forma automática”.

Balance

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou ata hoxe 96 autos -77 acolledores e 19 desacolledores- nos que decide sobre as solicitudes de suspensións cautelares de 52 parques eólicos, dos cales 49 foron acolledores -Ventumelo, Porto Vidros, Banzas, Monte Neme, Zamorra, Touriñán II, Felga, Rodeira, O Cerqueiral, Chao do Marco, Monte Peón, As Encrobas, Pico Seco, Serra do Faro Ampliación II, As Penizas, Figueiras, Reboiro, Alto da Telleira, Troitomil, Outeiro Grande, Rodicio II, Alto de Montouto, Meirama, Monte da Croa, Gato, Cunca, Serra do Farelo, Maxal, Serra do Colmo, Uxo, Castro Valente, Marcofan, Serra do Punago, Acibal, Monte do Cordal, Dos Cotos, Treboada, Mesada, Legre, Xeada, Serra do Furco, Campo das Rosas, Xesteirón, Alvite II, Valdepereira, Coto Loureiro, Estivada, Piago, Serra do Furco, Campo das Rosas, Xesteirón e Feás; e, o resto (3), desacolledores -Vilartoxo, Neboada e Seselle-.

Máis novas

Comentarios