Sábado. 18.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Baíñas campión e a Promoción perfilada

3ª Autonómica: O Baíñas campión e a Promoción perfilada
O Bainas celebrando un tanto en Agra da Filgueira-Foto-Jorge Parri

Rematou a Liga Regular da 3ª Autonómica, e menuda Liga. Curta pero intensa, con moitas cousas en xogo ata esta última xornada.

De feito, o título e a promoción estaban en xogo. En Louro, O Baíñas certificou o seu título nun partido dos que fan afección e demostran o poderío do Fútbol da Costa.

Ademais, en Arliña, tamén noutro fermoso e limpo choque, o Seaia se metía, no seu primeiro ano, no Play Off de ascenso, acompañando a Coristanco, Lira e Ameixenda.
Nunha fin de semana no que o Lira - Corcoesto non se xogou pois o Corcoesto xa avisara de que non tiña efectivos e non se presentou en Lombáns.

Promoción permilada

Así, sen tempo a descansar, esta fin de semana de 13 de abril xa arrinca o Play Off. Serán dúas eliminatorias de ida e volta, da que ascenderá só 1 equipo. Os choque son os seguintes, comezando na cancha do que quedou peor na liga, o mesmo que acontecerá na finalísima (que queda para o 4 e 11 de maio), que arrincará na cancha do que peor quedase na Liga.

13/04 - 17:00hSeaia - Coristanco27/04 - 17:00h
13/04 - 17:00hAmeixenda - Lira27/04 - 17:00h

Javi Suárez, pichichi

Javi Suarez pichichi da Terceira-Foto-Jorge Parri

Menuda loita que mantiveron Javi Suárez e Toniño polo pichichi. Chegaba Toniño con vantaxe pero o hat trick de Javi Suárez en Agra da Filgueira superaba ao tanto de Toniño e deixa ao xogadore do Baíñas de pichichi con 22 goles.

Rematou a Liga para varios equipos

Así, se cadra demasiado pronto (comezos de abril…), rematou a Liga do Montelouro que non xoga a Copa, emais para Castrelo, Corcoesto, Laxe e Nantón, que xa foron eliminados na Previa da Copa da Costa.

Montelouro - Baíñas (2-5)

Plantel do Montelouro-Doto-Jorge Parri
  • MONTELOURO: Isma, César, Pedro, Abel (David, min.46), Isma Cosme (Bruno, min.80), Geico, Chema (Pepe, min.75), Edu, Benjamín (Raúl, min.65), Dani Deza e Pesco.
Plantel do Bainas en Louro-Foto-Jorge Parri
  • BAÍÑAS: Sergio Puto, Héctor, Capote, Braulio (Samuel, min.80), Luís, Mario (Cristian, min.65), Iván, Esteban, Jaime (Sancho, min.70), Javi e Tasky.
  • Goles: 0-1, min.3: Javi Suárez de cabeza a unha falta de Luís; 1-1, min.17: Pesco; 1-2, min.30: Tasky de cabeza a centro de Javi; 1-3, min.40: Javi Suárez a centro de Capote; 1-4, min.50: Javi Suárez nunha contra; 2-4, min.75: Geico; 2-5, min.80: Esteban a pase de Javi Suárez nunha contra.
Ambientazo no Agra da Filgueira para o Montelouro-Bainas-Foto.Jorge Parri

Ambientazo fantástico no Agra da Filgueira para ver un partido histórico, ademais porque será o último nun campo de terra nun campo da Costa. Co título en xogo, a efectividade dos de Pato foi clave para quedar co título, e manter un liderato que ocupan os vimianceses dende a xornada 3. Xustos gañadores tralo visto no terreo de xogo se ben pode que o marcador sexa un pouco amplo, nun partido ben bonito por ambos lados.

Montelouro-Bainas-Foto-Edu Olveira

Adiantouse de contado o Baíñas por medio de Javi Suárez, o home da tarde. Pero empataba Pesco ao cuarto de hora. Aí, co1-1, Dani Deza sacaba unha falta rápida pero Sergio sacou unha man fantástica ante a vaselina, e na seguinte xogada Tasky fixo un golazo de cabeza.

A partir de aí non foi tan superior o Baíñas pero aproveitou os regalos da defensa loureán e foron moi efectivos. Ademais, na segunda, prantou Pato 3 no medio, con Javi Suáres ffacendo estragos pola banda, e maniataron aos loureáns.

Un Monteouro que pecha a tempada (non disputa a Copa) co obxectivo cumplido, o ascenso, e con Jurjo xa pensando no ano que vén.

Bainas celebrando o titulo da 3 en Agra da Filgueira-Foto-Jorge Parri Afeccion do Bainas en Louro-Foto-Jorge Parri Juan o Presi do Bainas a ducha-Foto-Jorge Parri

Castrelo - Ameixenda (0-3)

  • CASTRELO: Miki (David, min.70), Estebo, Pichón, Gatusso, Marcos, Borja (Gustavo, min.45), Roberto (Petelel, min.70), Félix, Estiven, David e Edreira.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel (Grille, min.60), Javichu, Camacho, Bruno (Samuel, min.63), Mateo (Paulino, min.46), Iván, David (Jorge, min.46), Rioliño (Demetrio, min.61), Momaño e Jesús.
  • Goles: 0-1, min.30: Iván de cabeza; 0-2, min.60: Momaño; 0-3, min.80: Jorge.

Tiña que gañar para asegurar praza de promoción o Ameixenda e non fallou ante o Castrelo, que aguantou unha hora metido no partido. Á media hora marcara Iván pero un regalo aos 15 da segunda permitiu que Momaño fixese o segundo sentenciando o choque.

Cerqueda - Coristanco (1-1)

  • CERQUEDA: Ángel, Manuel, Dani, Juanjo (Uru, min.87), Oablo, Javi Pazos, Lorenzo, Rubén, Carlos, Sani Seaia e Dario.
  • CORISTANCO: Fredi, Juan, Rubio, Sergio, Facal (Bela, min.46), Mato (Luís, min.55), Brandón (Añón, min.55), Torreira, Gonzalo (Iván, min.46) e Toniño.
  • Goles: 0-1, min.15: Toniño tras un centro de Torreira; 1-1, min.30: Carlos tras rematar de cabeza un córner.
  • Expulsion: o cerquedán Pablo no min.77.

Partido moi disputado, con poucas ocasions para cada equipo, con moito fútbol no medio do campo. Aproveitaria Toniño para abrir o marcador tras un bo centro de Torreira. Empataría cedo o Cerqueda nun cóner que remataba Carlos á media hora. Con ese resultado iriase o descanso.

Na segunda metade máis do mesmm cun Cerqued algo máis enriba ante un Coristanco que aguantaba e buscaba nas contras o pichichi para Toniño. De feito, o punta coristanqués tivo unha contra o final que non acertou. E tamén tivo antes unha boa ocasión o Cerqueda que desbarataria Fredi.

Nantón - Laxe (7-3)

Nanton-Laxe-Foto-CD Nanton
  • NANTÓN: Ernesto, Carlos R, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Dani B, Luís, David Lareu e Iván.
  • LAXE: Martín, Samu Soneira, Adrián (Dani, min.67), Gora, Saleta, Manu, Aarón, Elías, Djamel, Adrián Lema e Santi.
  • Goles: 1-0, min.15: Luís; 2-0, min.20: David Lareu; 2-1, min.21: Djamel; 3-1, min.43: Luís; 4-1, min.52: Carlos Vidal; 5-1, min.60: Luís; 6-1, min.75: Carlos Vidal; 6-2, min.76: Santi; 7-2, min.80: Luís; 7-3, min.88: Elías.
Nanton-Laxe-Foto-CD Nanton

Xogaba o Nantón nas Fontiñas coa vista posta na Arliña, pero puido solventar pronto o choque ante un Laxe que amosou pouca resitencia. Pronto Luís, que fixo 4 goles, adiantaba aos locais, e David Lareu colocaba o segundo pero de contado Djamel recurtaba para oLaxe no que parecía unha reacción. Foron minutos igualados ata que xusto ao fío do descanso Luís facía un gol que facía dano.

Á volta dos vestiarios, foi Carlos Vidal o que marcou pronto para matar o choque, que deixou ir, deixando polo menos varios goles na retina para os afeccionados cabaneses, que vén como remata a temporada se cadra demasiado pronto.

Secuencia dun dos goles de Luís-Fotos-CD Nanton

Muxía - Seaia (1-3)

  • MUXÍA: Santi Papi, Pataca, Currás, Sergio, Peski, David, Pereira (Julián, min.60), Javi (Juan, min.70), Iván, Adrián e Carliños (Martín, min.50).
  • SEAIA: Jesús, Vilariño, Vistas, Ramón, Eme, Zala (Michi, min.85), Parga, Camilo (Pablo, min.85), Dimaga, Juni (Martínez, min.75) e Richard (Medros, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10: Adrián de chilena dende fóra da área; 1-1, min.20: Richard de cabeza a centro de Juni ante a mala saída do meta muxián; 1-2, min.44: Parga con algo de fortuna tras tocar nun defensa; 1-3, min.70: Camilo.

Era un dos partidos da xornada, que decidía o pase á promoción. E foi un partido limpo os dpistado en Arliña, marcado polo vento, con dous equipos volcados e unha afección que se portou de marabilla. Comezaba o Muxía co vento a favor, e de contado abría o marcador co golazo da tarde, cunha chilena de Adrián dende o borde da área.

O Seaia, que prantexaba a primeira metade para defender, tivo que estirarse algo máis buscando as contras e Richard aproveitaba unha mala saída de Santi Papi (xa fai abondo o bravo medio muxián despois de practicamente toda a temporada baixo paus) para facer o empate. Parga, con algo de fortuna de novo pois o balón pegaba nun defensa, facía o segundo, moi doloroso, ao fío do descanso.

Arrincou a segunda metade e o Muxía intentouno pero o vento foi un gran inimigo. Ademais, o Seaia estaba a facer un gran partido, correndo coma nunca buscando o premio da Promoción, que celebrou co terceiro de Camilo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios