#8M: Vimianzo presenta unha ruta que homenaxea a muller vimiancesa

En primeiro lugar, o goberno local levará ao Pleno extraordinario do vindeiro mércores, 8 de marzo, a proposta para o cambio de denominación do miradoiro situado na rúa da Torre como Miradoiro 8M, así como o nomeamento da praza ubicada no mesmo lugar como praza Ramón Berrra Pereira.
Posteriormente, ás 10:30 horas, procederase á inauguración do Roteiro 8M, un percorrido urbano e reivindicativo duns seis quilómetros polo Val de Vimianzo. Constará de oito paradas temáticas a través das que se fará visible a figura da muller en diferentes eidos e aspectos da vida.
A través de varios formatos, as voces das máis das cen mulleres que participan nos talleres ACTÍVATE organizados polo Concello de Vimianzo en diversas parroquias, e impartidos polo psicólogo Sergio Trillo, narrarán as súas experiencias para mostrar ao mundo o duro pasado que viviron.
A presentación deste roteiro terá lugar ás 10.30 horas no mirador da Torre, contando coa actuación especial da cantante Irma Macías e do grupo de teatro Tete, que intervirá na parada establecida no Castelo.
A concelleira de Igualdade, María José Pose, sinala que esta iniciativa “será unha forma moi dinámica e singular de mostrar o pasado de todas aquelas mulleres que sempre loitaron, desde ben pequenas, por sobrevivir en tempos moi duros e por sacar adiante a toda a súa familia”.
“É realmente importante darse conta de cada pequeno xesto que fixeron as nosas nais, avoas, tías ou irmás porque grazas ao seu tesón, esforzo e mesmo sufrimento, hoxe podemos vivir mellor e con máis futuro”, engade a alcaldesa, Mónica Rodríguez.
Por outra banda, continuarán durante os próximos días actividades a favor da igualdade e contra a violencia de xénero nos centros educativos.
Crónicas do 8M
NOVAS DO 8M
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.