Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Cherinkas, que se fai maior, decidirá se segue ao mando do Asalto ao Castelo

A Cherinkas, que se fai maior, decidirá se segue ao mando do Asalto ao Castelo

Xa non poderá ser máis Asociación Xuvenil, pero é que a xente que leva os últimos anos ao mando da entidade vimiancesa, unha das máis activas da volta, pasa dos 30. Veñen de celebrar unha importante asemblea (cun toque lúdico da man do Torneo de petanca), clave non só para o seu futuro, senon para tamén para unha das festas máis auténticas da Costa, o Asalto.

De feito, xa teñen prantexada unha nova reunión para o vindeiro sábado 4 de outubro para decidir si a asociación comanda a organización do Asalto ao Castelo. Será ás 12 na casa de cultura de Vimianzo a cal están convidados todos aqueles que queiran aportar traballo e ideas en prol do Asalto. I é que a carga de traballo de moitos dos seus compoñentes está desbordada nos últimos anos. Estaremos moi atentos.

Renovación da directiva

A asociación pasará a chamarse Asociación Cultural Cherinkas, quedando a razón social sen a palabra xuvenil, o cal non quere dicir que se abandone o espírito co que naceu a entidade, actividades enfocadas a promover o ambiente xuvenil, de feito boa parte dos novos integrantes da directiva son persoas con menos de 30 anos.

Tamén foi aprobada a renovación da xunta directiva, continuando case que todos os anteriores membros e sumándose unha nova incorporación. A composición da nova xunta é:

  • Luís Miguel Antelo, presidente.
  • Alba Mancebo, vicepresidenta.
  • Iván Pardiñas, tesoureiro.
  • Óscar Santos, secretario.
  • Adriana Hermida, vocal.
  • Pamela Picallo, vocal.
  • María del Carmen Suena, vocal.

Torneo de Petanca

Torneo de Petanca da Cherinkas 2014

Este sábado tivo lugar o IX torneo de Petanca que no remate de cada verán organiza a xa Asociación Cultural Cherinkas. Non puidemos ver aos Igor Damianov e John Michael en acción pero si que vimos a un total de 13 parellas se presentaron no Muíño da Agra, recentemente rehabilitado, non faltou o sol para converterse nun marco inmellorable para a celebración dunha actividade deportiva que non entende de distinción de sexos nin de idades. Dos 26 participantes, 12 eran mulleres, e con idades comprendidas entre os 11 anos e os 52.

O torneo disputouse na modalidade de eliminatorias e a igualdade foi máxima en case todos os enfrontamentos. A familia Figueiras deparou un choque de rivalidade total en cuartos de final, Miguel Figueiras xunto co seu fillo Mario acabaron vencendo a súa parella Bea e a filla Nuria.

Xa en semifinais, Miguel e Mario venceron a Juan Miguel, gañador o ano pasado e Suso. Na outra semi, Pedro e Óscar gañaban con moitos apuros a Pablo Ferreiro e Bruno Carballo. A final, que se disputou co sol moi baixo xa, foi gañada por Pedro e Óscar, rompendo así co infortunio do ano pasado no que perderon o torneo na última bola. O tanteo da final foi 7/3; 6/7; 7/3.

Pedro-Oscar e Mario-Miguel Filgueiras ganadores do Torneo de Petanca da Cherinkas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios