O acoso escolar non MOLA

Continúa esta semana o ambicioso programa Vimianzo M.O.L.A. (Murais, Oralidade, Literatura e Artes). E entre as numerosas actividades que se desenvolverán durante esta vindeira fin de semana, o Castelo de Vimianzo acolle o vindeiro domingo 7, ás 18:30h, unha presentación singular. A escritora ceense Guadalupe Vázquez Formoso presentará, nun evento moderado pola xornalista Patricia Blanco, o seu libro "Alicia no Labirinto das Sombras”. Un libro que trata de reflexionar sobre o acoso escolar.
Como escritora, e como mestra, Lupe dio claro: “O cole comeza de novo o día 8 e non está de máis lembrar aos nosos rapaces/rapazas que o bullying ou acoso escolar (é dicir, o acoso que un ou varios alumnos exercen sobre outro co fin de denigralo e humillalo ante os demais) NON está ben, NON é aceptable (a ningunha idade).”