Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Arden varias excavadoras das obras da estrada entre Caxadas e Baíñas, que abrirá a mediados de novembro

Maquina calicinada incendio
Arden varias excavadoras das obras da estrada entre Caxadas e Baíñas, que abrirá a mediados de novembro

Esta pasada noite de sábado, os Bombeiros da Costa da Morte, despois de achegarse ata Carnota para realizar un rescate, tiveron que achegarse ata a estrada que vai de Baíñas a Vimianzo. A zona entre Caxadas a Baíñas está en obras e unha das máquinas estaba ardendo. Os Bombeiros achegáronse e puideron salvar unha que estaba pegada pero nada puideron facer con outra, que sorprendentemente, estaba tamén ardendo a outros 200 metros de distancia. “As tarefas de extinción foron moi laboriosas”, sinalan os Bombeiros.

As obras na recta final

Obras estrada Caxadas a Baíñas 1 Vimianzo

Informaba xusto onte sábado a Deputación, sobre o avance das obras, que permitirá, abrir ao tráfico a ponte sobre o río Castro da estrada de Caxadas a Baíñas, en Vimianzo, a mediados do mes de novembro.
As obras de ampliación e mellora da estrada DP 9203 avanzan a bo ritmo e supoñen un impotante investimento de preto de 1,5 millóns de euros. As obras obrigaron a cortar o tráfico tivo e establecer a correspondente alternativa de circulación.

A rexedora e deputada provincial de Obras recalcou “o papel fundamental da Deputación da Coruña para que unha das obras máis importantes para Vimianzo nos últimos 10 anos sexa unha realidade”, e subliñou que “aínda que as molestias agora son evidentes, porque tivemos que cambiar a maneira de circular da veciñanza da zona, así como tamén de vehículos pesados, isto suporá un antes e un despois”.

Rescate en Carnota

Comentarios