Venres. 26.04.2024
El tiempo

Arrincaron as obras da estrada Caxadas-Baíñas, o meirande investimento en obras da Deputación

Caxadas a Baíñas 2
Arrincaron as obras da estrada Caxadas-Baíñas, o meirande investimento en obras da Deputación

Arrincaron os traballos de ampliación e mellora da seguridade da estrada provincial DP- 9203 de Caxadas a Baíñas, en Vimianzo. Trátase o maior investimento programado pola área da Deputación de Vías e Obras e que contan cun orzamento de 1.335.098,88 euros.

As intervencións permitirán construír unha senda peonil de case 2 quilómetros e mellorar o sinuoso trazado actual da vía no núcleo de Padreiro, que presenta curvas perigosas nas que se rexistra unha elevada sinistralidade.

Os traballos teñen un prazo de execución de 11 meses e permitirán á veciñanza das vivendas lindeiras coa DP- 9203 dispor dun novo itinerario peonil accesible e seguro e que os máis pequenos tamén podan acceder con seguridade ao bus escolar que para na zona.

A senda, de 1,80 metros de ancho e 0,5 de beiravía, discorrerá durante case 2 quilómetros desde o punto quilométrico 0+000 ata o 1+940. A plataforma incluirá ademais unha nova estrutura ao paso do río Castro, onde a existente carece de capacidade para desaugar necesaria.

O proxecto tamén inclúe tamén a mellora do trazado da estrada no punto quilométrico 4+500, actualmente moi sinuoso, con curvas de radio reducido á altura do núcleo de Padreiro de Abaixo. 

Comentarios