Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A asociación xuvenil vimiancesa O Ariete prepara o gran Akelarre

O Akelarre do Ariete de Vimianzo
A asociación xuvenil vimiancesa O Ariete prepara o gran Akelarre

Este venres 18 de agosto terá lugar en Vimianzo, na praza do concello, O Akelarre. Todo esto da man da asociación xuvenil vimiancesa O Ariete, entidade nada recentemente grazas á iniciativa dun grupo de mozos e mozas vimianceses que buscan poñer en valor e dinamizar a vida cultural da súa vila.

No caso do Akelarre a programación será a seguinte: todo comezará ás 18:30 co “Pekeakelarre das crianzas” onde dende a organización levaremos a cabo unha serie de actividades orientadas aos máis cativos.
Tras isto, as 20:00 darase paso a representación teatral sobre a caza de meigas, unha pequena peza na que tratarán de reflexionar de maneira crítica sobre a represión vivida por moitas mulleres ao longo da Idade media.

As 21:00 darán paso a Foliada popular das meighas, unha gran foliada a que calquera persoa ou grupo está convidada. Anímate e trae o teu instrumento!
As 22:30 terá lugar o concerto en acústico da man da gran violinista costeira Cecilia Burillo.
As 23:30 terá lugar a Gran queimada levada a cabo por Miguel Queiro, todo un reclamo histótico na Coruña.
As 00:00 terá lugar a actuación de DJ Sankara
A 1:30 e xa para rematar teremos a DJ Akro.

Destacan dende a asociación que disporán de postos de bebida e comida coa novidade de que esta será apta para veganos.
Tamén animam a todes os presentes a traer o voso disfraz!

A mocidade do Ariete agradecen a colaboración da xente, xa non tan xuvenil, da Cherinkas, e do resto de colaboradores.

Comentarios