Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNI abre as súas portas ao tecido empresarial cun acto aberto en Vimianzo

BNI en Santa Comba
Imaxe dun almorzo de traballo realizado o ano pasado en Santa Comba
O BNI abre as súas portas ao tecido empresarial cun acto aberto en Vimianzo

Segue traballando, ás caladas, pero con paso firme, o colectivo de empresas BNI Dolmen da Costa da Morte. Un dos grupos empresariais máis activos de todo o país, que celebra este mércores 31 de maio en Vimianzo unha reunión moi especial, denominada 300 + 1, coa presenza dun importante número de empresas convidadas.

Un encontro para socios e empresas invitadas que queren coñecer o traballo que vén desenvolvendo este grupo de networking dende 2017, que ten xerado entre os seus compoñentes (84 na actualidade) máis de 32 millóns de euros de negocio.

Sectores e empresas de Carballo, Fisterra, Cee, Camariñas, Vimianzo Ponteceso, Malpica, Corcubión, Santa Comba, Muxía… reúnense cada semana co único obxectivo de ampliar a súa rede de contactos e conseguir o apoio dos seus compoñentes. Fano, socios e invitados cada mércores ás 6:30 da mañá para participar na reunión de traballo e posteriormente compartir un almorzo. A organización e o compromiso fan que nestes 6 anos, as diferentes empresas do grupo (máis de 200 empresas da Comarca formaron parte del), converteron a Dolmen no mellor grupo de BNI España en dúas ocasións, e conseguiron ser o grupo máis grande de Europa co seu 125 empresas.

Pero é un grupo vivo. Se ben non poden convivir dúas actividades idénticas, todos os membros levan deberes para casa, e se non cumpres cos obxectivos de contactos creados, a casa. “Aquí estamos para facer negocio”, deixan claro.

”A misión de BNI é axudar aos membros a facer crecer o seu negocio mediante un programa de marketing colaborativo ou de referencia estruturado e profesional, que lles permita desenvolver relacións profundas e duradeiras con profesionais de calidade, explica o actual presidente Jorge Mata.

En Galicia existen na actualidade 31 grupos de traballo como o da Costa da Morte que agrupan a un milleiro de empresas dos máis variados perfís. En España, máis de 10.000 empresas forman parte da rede, superando a nivel mundial as 298.000 empresas repartidas en 76 países, o que a converte na rede de Networking máis grande do mundo.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios