Martes. 11.05.2021
El tiempo

Volven os traballos ao Castro das Barreiras para descubrir a primeira “Cabana de poste"

Arqueologos no Castro das Barreiras
Volven os traballos ao Castro das Barreiras para descubrir a primeira “Cabana de poste"

Despois da exitosa campaña arqueolóxica do ano pasado, na que se destapou o escalonamento da muralla e o cemiterio de cerámica, o Castro das Barreiras non podía esperar máis para continuar cos traballos na que xa é a 6ª temporada nos últimos 11 anos.

Así o anuncia o Concello, que sinala que comezará o vindeiro 10 de maio unha nova escavación no Castro das Barreiras. O proxecto, comandado por Tito Concheiro (de Terra Arqueos), foi enviado aá Dirección Xeral de Patrimonio para a súa autorización, e intentarán darlle unha “nova visión” ao xacemento.

Unha das principais novidades e polo que será tan importante esta intervención é o descubrimento da primeira “Cabana de poste” no Castro, unha construción que data de moito antes das típicas castrexas. “Podemos estar ante as primeiras épocas das Barreiras, e isto suporá un antes e un despois en como entendemos todo este xacemento”, determina Concheiro.
“Tamén ampliaremos a casa que se descubriu o ano pasado e escavaremos novamente no cemiterio cerámico”, subliña Concheiro.

 

Concheiro agradece a “continuidade” e pon Vimianzo de exemplo para toda Galicia.

Doble campaña

“Estamos a traballar coa perspectiva de poder facer esta campaña de primavera e outra no outono”, coincidentes coa tempada escolar, e poder sumar un dos activos máis importantes dun xacemento arqueolóxico: a rapazada.

Novas relacionadas

comentarios