Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comezan as visitas guiadas o patrimonio de Vimianzo

Visitas Guiadas
Comezan as visitas guiadas o patrimonio de Vimianzo

Nova fornada de visitas guiadas polo patrimonio organiza o Concello de Vimianzo. Dende o 6 ata o 31 de agosto, haberá visitas aos espazos máis singulares. Son visitas de balde, para o que hai que realizar a reserva ata 1 hora antes do comezo das actividades nos formularios dispoñibles no enderezo web municipal de turismo, e o aforo máximo será de 25 persoas.

Así, de martes a venres desenvolveranse as visitas ao Castelo, ás 11:00 e ás 19:00 horas; ao Castro das Barreiras, ás 12:00 horas; ao dolmen de Pedra Cuberta ás 13:00 horas e ao porto de Cereixo ás 17:00 horas.

Os sábados celebraranse tamén, ás 17:00 e ás 19:00 horas, visitas ao Castelo de Vimianzo, monumento que albergará tamén estas actividades en domingo, ás 11:00 e ás 19:00 horas. Haberá visitas teatralizadas cos Quinquilláns ás 12:30 e ás 17:00 horas.
O inicio da visita terá lugar no propio recurso, excepto en Cereixo, que será na igrexa.

Comentarios