Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo tamén asina o seu convenio co CD Baíñas

CONVENIO BAÍÑAS Concello Vimianzo
CONVENIO BAÍÑAS Concello Vimianzo
O Concello de Vimianzo tamén asina o seu convenio co CD Baíñas

Despois de asinar o convenio co Soneira SD, o Concello de Vimianzo vén de asinar un convenio co Club Deportivo Baíñas coa finalidade de contribuír ao fomento da educación física e das prácticas deportivas neste ano 2024.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o presidente da entidade, Juan Silva Jallas, foron os encargados de formalizar a colaboración coa firma deste documento. No acto estiveron acompañados do concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, o técnico municipal desta área, Víctor Santos, e a vicepresidenta do club, Raquel González.

O club recibirá un total de 4.000 euros para cubrir gastos de persoal directamente vinculado coa actividade, aloxamento e manutención en competición, licenzas e cotas de participación, material deportivo específico, seguros e outros gastos xerais.

“O C.D. Baíñas é un equipo con moita tradición na nosa localidade, polo que é fundamental estar a carón do seu proxecto para seguir mellorando a súa actividade diaria e facilitar a súa participación na competición cada fin de semana”, engadiu a redora.
Pola súa parte, o presidente mostrou o seu agradecemento “co Concello, por estar disposto sempre a brindarnos a súa axuda e contribuír a que poidamos facer o noso traballo nas mellores condicións”.

Comentarios