Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Conta atrás para unha nova Muiñada

Muiñada Vimianzo 023
Estiveron presentes no Muñiño da Agra parte da alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Promoción Económica, Beatriz Pazos; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; Manuel Rial, da AC Cherinkas, coorganizadores do evento; Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, do grupo de música Alana; e Sonia Amigo, da AC Trubiquiña.
Conta atrás para unha nova Muiñada

Vimianzo celebrará a VIII edición da súa Muiñada os vindeiros 21 e 22 de outubro. Esta mañá presentábase o cartel oficial deste evento, no Muíño da Agra, que inclúe un festival e música pero tamén outras propostas culturais etnográficas.

Xa están confirmadas as actuación de Xosé Lois Romero&Aliboria; AlanaMondra e As Lagharteiras. Especial vai ser o acto de Alana, onde toca o vimiancés Pablo Castro, que se estrea en casa.

As entradas poden adquirirse en www.woutick.es e están dispoñibles tanto abonos como billetes individuais, para asistir a concertos por separado. Tamén é posible
adquirir boletos as opción gastronónicas como a cea ou os petiscos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer “o intenso traballo da Asociación Cultural Cherinkas por facer posible durante 8 anos a Muiñada de Vimianzo, unha
antropofesta moi nosa, e polo tanto, moi especial”. 

Ruta teatral

O sábado ahaberá ademais comeza coa Ruta teatral polos muíños de Cambeda. Un percorrido duns 4 quilómetros pola magnífica paraxe chea de fervenzas, durante a que irán saíndo ao paso do visitante personaxes de época. Este ano contará cun percorrido renovado, incluíndo tamén a interesante aldea de Sanfíns onde se conservan singulares elementos de valor etnográfico como o seu carballo milagreiro. A ruta teatral será conducida por David Roget e interpretada por mozas e mozos de Vimianzo. Hai prazas limitadas, polo que é obrigatorio inscribirse en cherinkas.org.

Ao mediodía, a festa trasládase ao muíño da Gándara, onde se celebra a Sesión Vermú nunha contorna de gran beleza paisaxística. As Lagharteiras poñerán ritmo coas súas voces e percusión aos grolos e “petiscos do muíño”.
Despois de xantar xa toda a actividade se centra no muíño da Agra, que acollerá no seu interior unha exposición sonora en homenaxe a Dorothé Schubart, en colaboración co APOI do Museo do Pobo Galego.
Será unha tarde de xogos, concurso de debullado, música e baile. As agrupacións, dirixidas por Iván Villar, Foliada de Salto e Airiños do Río Grande de Pasarela abren a Romaría Cativa, trala que se sucederán os Xogos do millo e o Campionato de debullado de millo. En paralelo, ás 17h30 comezará un obradoiro para aprender o “Baile na Terra de Soneira”, con Ramón do Serrador que nos introducirá nos puntos típicos da comarca de Vimianzo.

A música

O baile xa non parará a partir das 19h, coa tradicional Foliada na que irán subindo ao Palco do Tarabelo agrupacións de toda a comarca durante dúas horas de música tradicional. Durante a foliada preparanse filloas á pedra e servirase a Cea tradicional, tamén con opción vegana, onde a fariña non podía faltar como ingrediente principal, facéndose á beira dun muíño.

Ás 21h30 a festa trasládase ao Palco da Maquía, con entrada de pago, para asistir á noite de concertos, coa estrea de Alana, o gran espectáculo de percusión e voces de Xosé Lois Romero & Aliboria e o rompedor artista Mondra, que presentará o seu primeiro álbum Ardén.

MUINHADA VIMIANZO_CARTEL 2023

Comentarios