As cruces volven dividir as parroquias de Vimianzo

08:41 14/12/20
A continua, dende hai anos, aposta do Concello de Vimianzo, colle desta volta un novo rumbo coa recuperación de varias cruces que dividían as parroquias antigamente. Asolagadas pola maleza, permanecían no esquecemento, e o Concello quixo recuperalos cun completo traballo de roza.
As dúas primeiras están situadas en Ogas, e un deles atópase roto, polo que hai que reparalo para devolvelo ao seu estado orixinal. “Atopámonos estes dous elementos de sorpresa executando traballos de mantemento, e continuaremos pois poñendo en valor o noso patrimonio”, di a alcaldesa, Mónica Rodríguez.