Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Deputación e o Concello de Vimianzo manteñen a súa aposta polo Castelo e os Batáns

Monica Rodriguez e Jesus Couto
A alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o responsable de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Lois Penas
A Deputación e o Concello de Vimianzo manteñen a súa aposta polo Castelo e os Batáns

Trala renovación do convenio para coas Torres do Allo, e o EcoMuseo do Forno do Forte, a Deputación vén de asinar co Concello de Vimianzo o convenio de cooperación para a xestión con atención de visitantes, Mostra de Artesanía en Vivo e outras actividades do Castelo de Vimianzo e tamén dos Batáns do Mosquetín durante o 2023.

A achega da Deputación sitúase nos 120.000 euros, dos cales 102.000 destinaranse para o Castelo e os 18.000 restantes para os Batáns..

Entre as obrigas contraídas polo Concello de Vimianzo están a de achegar o persoal necesario para a atención aos visitantes do Castelo, á Mostra e aos Batáns; a abrir os centros de acordo cos horarios que se establecen no acordo (o Castelo, de martes a domingo, excepto Nadal e Aninovo; e os Batáns, de luns a domingo) e a elaborar unha estatística de visitas mensual e de xeito obxectivo e valorable.

O Concello tamén se compromete, segundo o convenio, a realizar outras actividades, coma un obradoiro de decorados medievais, un desfile de moda de liño, un obradoiro de maquetas de barcos, exposicións temáticas na cociña, palilladas no patio do castelo, rutas a pé pola contorna do monumento, relatorios sobre os seus distintos aspectos e actuacións musicais e audiovisuais.

Comentarios