Días de despedida dos campamentos de veran

Mentres no Couto xa celebraban o festival de fin de curso da Escola de Verán, outros campamentos de verán van chegando ao seu remate.
Vimiverán

É o caso do Vimiverán 2022 chegou a seu fin este venres 26 de agosto, tras realizar unha morea de actividades baseadas no deporte, o teatro e a gastronomía. Acompañaron ás crianzas a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o técnico de Deportes, Víctor Santos.
Meniñeiro Cabana
Tamén hegou ao seu remate o programa ‘Meniñeiro 2022’, que permitiu que nenos e nenas do Concello de Cabana de Bergantiños, nados entre os anos 2010 e 2018, disfrutaran dun vermán completo.
Santa Comba despide o verán
O que pecha o campamento cunha fin de semana especial é o Concello de Santa Comba. O Goodbye Verán prepara 3 días de actividades diferentes para a fin de semana do 2, 3 e 4 de setembro.