A especial X edición da Gala do Fútbol da Costa-QPC xa ten data e lugar

Proceso de creación dos Balóns da Olería de Buno da Gala do Fútbol da Costa feitos polas mans de Feituras

Venres 13 xuño, ás 21:00h na Casa da Cultura de Vimianzo.

Esa é a data e o lugar para a X Gala do Fútbol da Costa - QPC. Unha edición moi especial para a familia de Quepasanacosta, que quere facer unha retrospectiva a máis dunha década de traballo arredor deste axente social.

Coa colaboración do Concello de Vimianzo, a velada servirá para repasar aos mellores xogadores da década, pero centrará a súa atención nesta fermosa campaña. Máis de 50 premios outorgaranse na xornada, que volverá facer especial fincapé na revolución do FUTFEM, e na que o colectivo arbitral será igual de protagonista que o resto.

Polo de pronto, os artesáns de Feituras xa están ultimando os prezados balóns da Olería de Buño, xa todo un elemento fetiche que só algúns e algunhas privilexiadas teñen nas súas estanterías. Algúns, como os Pichichis e Pombos do curso, xa teñen reservada a data. Pronto iremos dando conta dos e das finalistas.

Nestes días iremos dando máis información.

Máis novas

REPASO DAS GALAS