Un ferido tras un accidente en Caxadas

08:57 11/10/21
A pasada noite de sábado, pouco antes das 23:00h, rexistrábase un accidente de tráfico na CP9203, no lugar de Caxadas, Concello de Vimianzo. Acodiron a Garda Civil, o 061 e os Bombeiros, que asistiron ao ferido que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario.
A estrada permanecei pechada á circulación durante hora e media.