Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Fin de semana cheo de actividade no concello de Vimianzo

Fin de semana cheo de actividade no concello de Vimianzo
Programación do mes de abril na Casa da Cultura de Vimianzo O concello de Vimianzo ten por diante unha fin de semana chea de actividades para todos os públicos e para todos os gustos, tanto culturais coma deportivas. Comeza o sábado coa primeira das Andainas Coñece a Costa da Morte organizadas polos concellos de Camariñas, Corcubión, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. O anfitrión deste sábado é o concello de Ponteceso, cunha ruta que saíra da Praza do Recheo ás 10 da mañá collendo o camiño ata Corme pola ribeira do Anllóns e as praias da Barra e Valarés. Un grupo de 55 persoas sairá da Praza do Concello de Vimianzo ás 9.15 da mañá para participar nesta primeira andaina e regresarán a Vimianzo arredor das 2 da tarde. Os máis pequenos tamén teñen actividades pola tarde dentro da programación de animación á lectura da biblioteca municipal. Ás 6 da tarde o polifacético Pedro Brandariz, presentará o espectáculo Contos e outras andrómenas que ben seguro encherá a biblioteca coas gargalladas dos presentes. Ás 8 da tarde, a Sala de Exposicións Antón Mouzo inaugura unha nova exposición de pintura da vimiancesa Chelo Lema Varela, Sentires de sentimentos no tempo, que ten a oportunidade de expoñer por vez primeira na súa terra natal. O domingo o teatro volverá ser o protagonista do Auditorio da Casa da Cultura no mes da República da liberdade, coa Compañía Teatro do Morcego que poñerá en escena Os patios da memoria.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios