Un home de 70 anos perde a vida mentres conducía

07:59 27/06/22
Completouse a tráxica fin de semana (tralo facelemento de dúas persoas nas estradas de Bergantiños) con outro finado. Desta volta, un home duns 70 anos perdía a vida mentres conducía, por causas que se descoñecendo, e despois sufría unha saída de vía, rompendo uns bancos de pedra diante dunha vivenda.
O suceso tivo lugar esta pasada noite de domingo 26 de xuño, arredor das 23:23h, en Baíñas. Acodían os Bombeiros de Cee, G.C. de Tráfico, 061, Garda Civil, que só puideron colocar un biombo para preservar a intimidade da vítima ata a chegada dos servizos funerarios.