A Legua, a cativada, e os pinchos irmandiños, quecen motores para o Asalto ao Castelo
Tralo simbóico izado do Pendón, a familia Irmandiña xa ten en marcha o O Asalto ao Castelo máis musiqueiro. E a semana vén completa, cos cativos e os pinchos, como grandes protagonistas, despois da fantástica Legua irmandiña, pensando xa na gran cita do sábado 6, con festival, feira de artesanía e a gran representación histórico-teatral da revolta irmandiña, o gran distintivo desta festa singular.
Legua
Foi unha cita emocionante a desta pasada fin de semana coa VI Legua Irmandiña. Máis de 250 corredores de todas as idades, a mellor marca da historia da proba, percorreron vimianzo para rematar no foxo do Castelo. Teresa Castro, quen se non, Ana Camafreita e Natalia Rivas foron as irmandiñas máis rápidas, mentres que en homes venceron Amador Pena, Martín Regueira e Cristian Muiño.
Obradoiros de cativos, preparando o Asaltiño
A tarde do sábado é a gran tarde para a cativada vimiancesa. O Asaltiño porá a proba a valentía dos peque-guerreiros cun taller de elaboación de traxes a partir das 16:00h, a concentración da tropa ás 17:00h na praza, e a gran batalla no foxo do castelo ás 17:15.
Para quentar motores, Máis de medio cento de nenos e nenas dende os 3 anos participan nos obradoiros medievais da Semana do Asalto. Uns talleres para seguir vinculando os diferentes espazos históricos presentes en Vimianzo vinculados con esta época histórica facendo unha aproximación aos estamentos que os habitaron. Dunha forma principalmente lúdica optouse pola presentación dos devanditos estamentos mediante a contextualización e a asunción de roles.
Pinchos irmandiños
O que serve para que os maiores quecemos forzas, e vaiamos tomando conciencia de festa é a ruta dos Pinchos Irmandiños. 14 establecimentos xa teñen as súas propostas con produtos medievais que te deixará ca boca aberta.
Novas relacionadas
- A familia Irmandiña xa izou o pendón do Asalto xa ten izado o seu pendón.
- O Asalto ao Castelo máis musical chega a Vimianzo.
- "A historia das vosas vidas non estará completa ata que non vexades a Monoulious DOP en acústico”.
- Vimianzo volverá intentar a declaración do Asalto ao Castelo como Festa de interese turístico de Galicia.
- 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia: