Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Mónica Rodríguez estréase como Deputada de Vías e Obras

A Deputada de Obras Monica Rodriguez
Mónica Rodríguez estréase como Deputada de Vías e Obras

A nova deputada de Vías e Obras da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez, estreou o seu novo cargo na administración provincial visitando o Concello de Muxía para supervisar as obras de mellora na estrada DP 5201 de Muxía a Toruiñan pola costa, que conecta Lourido-Vilariño-Muxía.

Entre os temas acordados estiveron as propostas do goberno local, como o de aproveitar o novo firme de aglomerado para“trasladar a senda peonil á zona de costa e que as persoas viandantes poidan desfrutar con maior seguridade da contorna tan privilexia que temos en Muxía.

Outro dos asuntos concordados foi a localización do novo punto de conexión eléctrica, que se situará preto do campo de fútbol da Arliña, outorgando así máis puntos de luz na zona e o futuro reforzo da conexión cos equipamentos da instalación deportiva. Neste mesmo punto tamén pactouse a realización dunha canalización para a futura instalación de iluminación a deseñar nesa zona.

Tras a reunión, a deputada de Vías e Obras destacou “a total predisposición e a aposta clara da Deputación da Coruña con esta comarca e con Muxía, xa que este investimento de máis de 425.000 euros son un claro exemplo do compromiso adquirido”.

As obras

As obras consisten na execución dunha nova rotonda á altura do punto quilométrico 2+475, na actual intersección que comunica este vial coa estrada municipal que dá acceso aos lugares de Serantes, Cartel e O Vilariño e coa estrada DP 2303.
O cambio desta intersección por unha glorieta proporcionará unha mellora na seguridade neste punto e unha mellor ordenación do tráfico rodado. A rotonda ten un diámetro máximo de de 30 metros, cunha calzada anular de 8 metros de ancho e un diámetro central de 11 metros.

Comentarios