Venres. 29.03.2024
El tiempo

O nocturno Entroido de Baíñas foi todo un festival de emocións

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O Imperio Nefertiti da Rueirada deu moita cor ao Entroido de Baíñas
O nocturno Entroido de Baíñas foi todo un festival de emocións

Foi o último concurso deste Entroido 2020 da Costa da Morte. O de Baíñas tomou o relevo do Entroido de Cee para pechar un Sábado de Piñata espectacular, que demostra o potencial entroideiro da Costa da Morte. O pavillón vimiancés convertiuse nun auténtico escenario, cunha marea de actuacións diversas, maridada por un rico lacón con grelos e filloas da casa da man da Asociación veciñal.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comezou, coa presentación de Iago, o certame cos concursos de disfraces, con xentes chegadas ata da Coruñá, Cambre, Negreira, Muros… Foi o traballado monstro Kaijou (aquí enriba) o primeiro premiado da noite, levando o concurso infantil por diante de Madame Journal (a muller de períodico) e o Pak Maníaco. O monstro do Inodoro (aquí embaixo) unha creación con centos cartóns de papel hixiénico, levou o premio individual adulto, por diante de Leidi Panini (fáltanlle cromos da Costa a este currado traxe chegado dende Cambre) e de Sir Votton.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

As primeiras risas da tarde as arrincaron os campións do concurso de parellas. Xa uns habituais dos certames vimianceses, os míticos Luís e Roget fixeron de Picoletos, cunha actuación dogan de Benny Hill, de humor mudo, espectacular. A traballada carroza do Camiño dos Faros, dende Santa Comba, mereceu o segundo premio, e o terceiro foron para as simpáticas Marías.

A Ruta dos Faros

Na quedan dos Grupos, sorprendeu o compromiso de As Costas da Mulleres, pero as de Camariñas tiveron que pasar á categoría de comparsas finalmente polo número de integrantes. Gañaron as súas veciñas do Reino Fantástico da Ponte do Porto, tamén cun discurso moi comprometido, neste caso sobre o medio ambiente. As divertidas e bailongas Sojras adovesías nas vespas, de Negreira, sacaron o segundo terceiro e as primeiras coplas divertidas da noite do Grupo Quenchedera co lema Pícanos a Velutina, levaron para Muros o segundo.

A hora forte, xa case chegando á media noite. O nivel dos drisfraces era espectacular a verdade, todos feitos a man como a visión post-modernista de “A Través da Pupila” (Vimianzo), “A Arca de Noé” (Vimianzo), “A Magia Zíngara” (Noia) ou “Sómolo Demo… ou non” (Negreira).

Os da Charca no Entroido de Bainas
Os da Charca

Pero o primeiro premio foi pola calidade das actuacións de Os da Charca. A calidade circense da comparsa fisterrá (que xa gañou tamén no certame da casa) convenceu ao xurado. Por detrás, moi pretiño, quedaron os Enjominados de Seé, unha das comparsas que mellor paradas saen deste Entroido, con numerosos premios ás súas costas, facendo valer o seu traballo, a súa dedicación e a súa capacidade de mellora. A súá áceda crítica ás voltas que nos provoca o Camiño, da man do guión de Toño Casais, é unha ads triunfadoras do curso.

Ademais, a impresionante posta en escea da Rueirada de Louro, co seu Imperio Nefertiti, valiu o terceiro premio.

Enjominados de See no Entroido de Bainas
Enjominados de See no Entroido de Baíñas

Todas as novas do Entroido 2020

Comentarios