O fraude forestal do Caso Maceiras segue medrando


Xa son 26os imputados no "Caso Maceiras". A pasada semana o xuíz de Corcubión imputaba a 6 novos funcionarios do Distrito Forestal V de Vimianzo. Ao parecer estes ocuparíanse de tramitar as axudas e de asinar as inspeccións fraudulentas, chegando a superar un montante de 2 millóns de euros.
Estas detencións son ben acollidas pola FRUGA, que leva máis dun ano en loita por este fraude. Así e todo, dende a Federación Rural Galega consideran que é necesario a implicación de máis representantes das entidades públicas, pois entenden que non se puido levar a cabo unha trama tal sen a connivencia e participación de membros da Consellería de Medio Rural e Mar.
Esixencias no Parlamento
Mentres o grupo de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través do seu deputado Antón Sánchez, vén de esixir á Xunta toda a información e contratos coa Administración pública das empresas Maceiras e Esmorís, implicadas na trama fraudulenta de reforestación da Costa da Morte. “Queremos coñecer con exactitude a dimensión económica destes acordos”, indica Sánchez, quen presentou no Parlamento a petición de documentos mediante o artigo 9 do regulamento da Cámara.
Para Antón Sánchez, a trama forestal con epicentro en Vimianzo –da que hoxe se coñecían seis funcionarios imputados máis- revela, polo menos, ausencia de control da Consellaría de Medio Rural. “Por non falarmos de complicidade. En todo caso, a Xunta non cumpriu as súas funcións e agora agóchase nunha actitude pasiva”, sinala o parlamentario de Alternativa. Segundo AGE, só as reivindicacións dos afectados –ate o o momento, uns 300 coñecidos- obrigaron á Xunta a se mover. “Porque o Goberno do señor Núñez sempre amosou máis intencións de ocultar que de esclarecer”, conclúe Sánchez.
Novas da Operación Forest
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- 12-06-13: O PP argumenta as súas posturas sobre o fraude forestal botando balóns fóra e sobre a mina criticando ao PSOE.
- 16-05-13: Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito.
- 03-05-13: Os afectados da Operación Forest apuntan aos funcionarios.
- 29-04-13: O Concello de Corcubión non gaña para sustos.
- 26-04-12: A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta.
- 25-04-13: Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”.
- 12-04-13: A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros.
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- FRUGA.
- AGE: